Marca Tortura

A tan cacareada “Marca España” coa que o Goberno central pretende devolver ao país ao cumio do desenvolvemento económico ten unha nova ferramenta de difamación

Por Rubén Pérez | A Coruña | 06/02/2013

Comparte esta noticia

A tan cacareada “Marca España” coa que o Goberno central pretende devolver ao país ao cumio do desenvolvemento económico ten unha nova ferramenta de difamación, a páxina web oficial (marca.espana.es) onde o Partido Popular información de xeito parcial do que supón unha pluralidade social e máis económica. Segundo a plataforma virtual somos supostamente líderes en moitas cousas, aínda que non menciona nen o desemprego, nen as mortes provocadas polos recortes sociais nen a Fest Na… perdón, isto sí.

As touradas forman parte do apartado de Educación, Cultura e Sociedade, a pesares de que a meirande parte da cidadanía de España rexeita esta actividade, e no propio territorio galego somos un bloque homoxéneo prácticamente a prol da abolición, un 86% das galegas e galegos rexeitamos a tauromaquia e a súa máxima expresión subsidiada polas administracións.

A Marca España semella máis Marca Tortura, ás persoas e aos animais. Non se poden vender as “maravillas” dun país mentras unha destas cousas a destacar sexa que uns iluminados matan a lanzazos a un animal hervíboro, mentras outros iluminados, igual de cómplices, berran polo seu sufrimento, tortura e morte.

Tradicións, cultura… non son sinónimos de que debamos asumir que todo o que pervive nun determinado momento ou contexto histórico sexa ético, e aporte algo positivo. Non hai nada positivo na matanza dun ser vivo, e moito menos; e dende logo non representa a Galicia, onde como xa se mencionou, existe unha maioría que non semella ter voz.

Mentras tanto a barbarie formará parte da promoción pseudocultural da administración, a mesma que goberna o Concello da Coruña, onde pecharán unha biblioteca veciñal ao deixar sen convenio á entidade xestora. Resulta incrible, posto que cos 90.000€ que adicou o PP a touradas en 2012 na cidade poderían manter a biblioteca 2 anos e a escola infantil do barrio 18 meses.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Rubén Pérez Rubén Pérez (A Coruña. 1986) é activista a prol dos dereitos dos animais. Diplomado en Traballo Social e con posgraos en Violencia de Xénero e Acción Humanitaria, colabora en LIBERA! dende 2007, organización na que desenvolve tarefas de coordinación e comunicación política. Dende 2008 tamén é voceiro adxunto da plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas, alianza que traballa investigando, entre outros eidos, o uso de diñeiro público en festexos taurinos.