Alu Ibérica recupera o seu proveedor logo de pagar unha débeda de 300.000 euros

Euro Spain Consulting deixara de prover debido á falta de pagamento por parte dos antigos xestores. Coa débeda case saldada por parte da nova directiva, recupérase este "socio prioritario".

Por Europa Press / Redacción | | 24/06/2020 | Actualizada ás 19:33

Comparte esta noticia

A fábrica de  Alu Ibérica na Coruña recuperou ao seu antigo provedor Euro  Spain  Consulting tras saldar a débeda de 300.000 euros que contraeran os anteriores xestores, informou a empresa nun comunicado este mércores.

Visita de técnicos do Grupo Riesgo ás plantas de Alu Ibérica. GRUPO RIESGO
Visita de técnicos do Grupo Riesgo ás plantas de Alu Ibérica. GRUPO RIESGO

Representantes de Euro  Spain  Consulting, empresa especializada na comercialización de metais e minerais metálicos, visitaron este martes a planta de  Alu Ibérica na Coruña, onde analizaron probas realizadas no novo departamento de calidade de chatarra, creado para profesionalizar o seguimento da nova materia prima, o metal reciclado.

Euro  Spain  Consulting deixara de prover debido á falta de pagamento por parte dos antigos xestores de  Alu Ibérica. Coa débeda de case 300.000 euros saldada por parte da nova directiva, recupérase este "socio prioritario" para a planta coruñesa, do mesmo xeito que se fixo "con moitos outros nestes dous meses e medio", destacou.

Estes avances, agregou  Alu Ibérica contribúen a formalizar a posta en marcha do plan industrial da directiva para as plantas da Coruña e Avilés. Demostran, agregou na nota, a "vontade de continuidade do Grupo Industrial Riesgo e o seu compromiso coa calidade do produto".

Alu  Ibéritca está a renegociar novas condicións con algúns dos provedores para garantir a actividade diaria, posto que os novos xestores atoparon "contratos a perdas que minaban a rendibilidade e viabilidade" do proxecto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta