O foco da Mariña propagouse en bares e houbo xente que se negou a facer os test

O presidente da Xunta di que aínda non está controlado este foco que afecta xa a case 50 persoas e confirma que os bares axudaron a súa propagación.

Por Galicia Confidencial | Xove | 02/07/2020 | Actualizada ás 15:23

Comparte esta noticia

O gran foco de coronavirus de Mariña lucense segue xa se converteu no quebracabezas da Xunta. Unha Xunta que, ata agora presumía de ser o primeiro goberno do Estado en entrar na nova normalidade e en controlar a propagación do virus. Pero dous focos, o de Ribeira, pero especialmente o da Mariña, están botando por terra a xestión da desescalada que, ata agora, defendían desde o Goberno galego.

Entrada de Urxencias do Hospital da Costa. AXM
Entrada de Urxencias do Hospital da Costa. AXM

De feito, o presidente Feijóo recoñecía este xoves que o principal foco da Mariña está en tres bares da zona do porto de Burela que xa foron pechados. "Alí case todos os camareiros estaban contaxiados", dixo. Eran rapaces novos "que non manifestan síntomas" pero que o transmitiron a outras moitas persoas.

Agora a Xunta tenta buscar novos contaxiados tras chegar a cifra a case medio cento de persoas afectadas. Realizou 500 probas PCRs e outras 1.068 en residencias nas que, afortunadamente, non hai ningún caso. Das persoas contaxiadas, dous están hospitalizados. Unha delas como consecuencia do virus e outra que ingresara con outra patoloxía, pero que tamén ten o coronavirus. 

Segundo dixo o presidente da Xunta, a maior parte dos contaxiados son asintomáticos pero insistiu na necesidade de tomar todas as precaucións. Por iso, fixo un chamamento a veciñanza da mariña a axudar nas tarefas de rastrexo da Covid-19, especialmente, aos máis novos.

De feito, recoñeceu que algunhas persoas negáronse a facer as probas PCRs, algo que dixo, "é moi perigoso" xa que teñen a obriga de facelas para evitar novas propagacións. "Se alguén ten síntomas ten que faceresas probas e dicilo", dixo ao tempo que recoñeceu "dificultades" con certas persoas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta