Abrente ou Nós-UP, o dilema da UPG

A forza de Aymerich presenta unha emenda ás teses promovidas pola UPG e rexeita en principio intergrarse nunha lista común.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 16/02/2013 | Actualizada ás 21:36

Comparte esta noticia

Abrente, o grupo máis próximo á socialdemocracia dos que quedan no Bloque, presentará unha emenda ás teses que defende a UPG, o partido comunista máis numeroso na frente. Na próxima Asemblea Nacional do 16 de marzo, que decidirá unha posíbel refundación do BNG, Abrente tampouco se integrará, en principio, nas listas que promove a UPG.

Público no acto de Abrente
Público no acto de Abrente

O voceiro de Abrente Carlos Aymerich confirmou a presentación da emenda no Consello Nacional do Bloque organizado en Compostela. Iso si, Aymerich admitiu que aínda hai posibilidade de pacto, pois queda pendente outro Consello Nacional para votar os textos remitidos hoxe.

Abrente é a forza que acolle aos militantes de Máis Galiza que non marcharon do BNG tras a última Asemblea Nacional. Nesa Asemblea a UPG gañou democraticamente todas as votacións, polo que en principio o partido de Nestor Rego e Francisco Jorquera non debería ter problema para vencer tamén na próxima Asemblea sen o apoio de Abrente. Con todo, hoxe quedou claro que Abrente non está pola integración automática asumindo os postulados dunha práctica máis ortodoxamente comunista e soberanista que propugna a UPG.

Neste xiro, a UPG está a considerar a posibilidade de tentar integrar nunha única forza aos colectivos independentistas que nas últimas décadas se afastaron do Bloque polo súa suposta deriva cada un discurso menos independentista. O portal independentista Galiza Livre confirmou a existencia de conversas tanto con Causa Galiza como con Nós UP. De feito, o Bloque promove unha plataforma pola autodeterminación na que pretende integrar aos independentistas, unha iniciativa inédita no BNG dos últimos anos.

Guillerme Vázquez, admitiu hoxe entre liñas que hai contactos, pero "oficialmente" non. "Outra cousa é que neste país todo o mundo fala con todo o mundo, pero dende o punto de vista de establecemento de conversacións formais, non" declarou en rolda de prensa quen permanece como voceiro até a Asemblea. 

Néstor Rego, actual líder da UPG
Néstor Rego, actual líder da UPG | Fonte: Terra e tempo

De entrada semella que a importante distancia ideolóxica entre a socialdemocracia de Abrente e o soberanismo marxista de forzas como Nós-UP poidan convivir sen roces dentro dunha mesma organización. 

Abrente aposta por un BNG que supere o modelo frontista superando a doble militancia, onde os militantes son membros tanto do Bloque como das súas correntes. Tamén argumenta que, para transformar a sociedade galega, é imprescindíbel tentar acadar máis poder político nas institucións. 

Debate dentro da UPG

Dende a UPG, Jorquera negouse a valorar a emenda de Abrente. O voceiro parlamentario tamén rexeitou debater sobre nomes para substituír a Vázquez, malia que en principio el é o favorito para tal labor. 

Dentro da propia UPG hai un debate intenso sobre como artellar o futuro do Bloque. Mentres unha parte da formación considera que cómpre tender pontes para tentar a medio prazo recuperar a unidade do nacionalismo atraendo aos escindidos de Compromiso por Galicia e Anova Irmandade Nacionalista; outra parte considera que a prioridade é afondar no xiro á esquerda e, de paso, atraer aos independentistas sen ter tanta presa para chegar a acordos con Anova e Compromiso.

A manifestación de NóS-UP o 25 de Xullo de 2011
A manifestación de NóS-UP o 25 de Xullo de 2011
Manifestación de Causa Galiza
Manifestación de Causa Galiza | Fonte: Galiza Contrainfo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 67 comentarios

25 Manel

NÓS-UP sempre foron ao seu "rollito"... Serán poucos, pero fan barullo e polo menos sempre tiveron as cousas claras desde que liscaron do BNG hai anos e desde aquela non casaran con ninguén. Para min iso demostra, polo menos, coerencia interna. Vexo complicado que os cantos de serea da UPG convenzan moito, alén de acordos puntuais aqui ou alá (por exemplo a nivel sindical, pois na CIG si que está todocristo, pero é unha cousa diferente), igual que con Abrente, etc. Os que vexo totalmente perdidos é a Causa Galiza (entre outros)... E a saber que ofrece Anova a eses todos que ainda andan descontentos dentro do BNG... O tempo dirá!

1 carcamal

na cig hai cartos meu. qué pais. tamén hai empresarios que van de sindicalistas. o tempo xa o dixo. nun periódico saia o bieito lobeira contestando a pregunga se iba "voltar" ao mar: "sen problema. teño que sacar de novo a competencia". eche o que hai, lles da todo igual. de risa, por decir algo.

2 Manel

Na CIG hai cartos pero manéxaos quen os manexa. Que eu saiba, aparte dos de sempre, o resto de "tendencias" ou xente que anda pola CIG que non é da UPG-BNG-chámalle X, tenta facer o que pode, para ben. Téñoo visto eu e comprobado (con excepcións de todas partes para ben e para mal, claro). Por iso digo que as regras de xogo para a CIG son, por un motivo ou por outro, diferentes. Se é por cartos todocristo teríase apuntado ao BNG cando o bipartito e non foi así. Moitos quedaron á marxe e criticaron o BNG daquela. Só digo que iso hai que recoñecelo, nin máis nin menos!

3 Manel

Na CIG hai cartos pero manéxaos quen os manexa. Que eu saiba, aparte dos de sempre, o resto de "tendencias" ou xente que anda pola CIG que non é da UPG-BNG-chámalle X, tenta facer o que pode, para ben. Téñoo visto eu e comprobado (con excepcións de todas partes para ben e para mal, claro). Por iso digo que as regras de xogo para a CIG son, por un motivo ou por outro, diferentes. E se é por cartos todocristo teríase apuntado ao BNG cando o bipartito e non foi así. Moitos quedaron á marxe e criticaron o BNG daquela. Só digo que iso hai que recoñecelo, nin máis nin menos! (igual que tal e como está o tema os trepas de Anova-PCE son para dar de comer aparte... a ver que lle acaba pasando á CIG co tempo e con estas divisións recentes!).

24 Antolín

A UPG xa chegou a acordos con NOS-UP para repartir os postos de liberados na CIG. A vaca segue dando leite !!!!!!

1 anjo

Avisame que nom me enterei. Som de Nos-UP e delegado da CIG e ainda nom estuo liberado??. Antolin bonitinho mira por mim. A outro cam com ese oso.

23 Nandiño

Como sempre a UPG desnortada e sen escoitar que é o que lle preocupa á cidadanía. A UPG fede a morto

22 Bruar

ANOVA e BNG son dous xemelgos que actuan no mesmo espazo político do nacionalismo. AGE ganou o primeiro asalto nas E.Galegas a conta de alentar esperanzas, do efecto Beiras, e tamén da caída libre do PSOE e BNG. Agora Anova está nun proceso de afianzamento orgánico territorial exitoso mentras o BNG vése obrigado a unha dialéctica de anovar programa/organización/modelo de Estado Galego e iso supónlle un desgaste enorme. A terceira pata política do nacionalismo CxG apostou, despois do fracaso das pasadas eleccións, por non entrar en batallas nese espazo ANOVA-BNG, pero o futuro pódelle abrir portas cando a escea enonómica no Estado Español teña síntomas de recuparación. Ao fin e ao cabo ganará aquel a quen os cidadáns interpreten que pode ser máis eficar na xestión para solucionar os problemas da cidadanía, ainda que tendo en conta os factores massmedia ou a politización interesada da información, que nese caso o BNG e especialmente CxG téñen inimigos demáis.

21 eusi

Así, así, de vagariño, até a extinción...