Abrente ou Nós-UP, o dilema da UPG

A forza de Aymerich presenta unha emenda ás teses promovidas pola UPG e rexeita en principio intergrarse nunha lista común.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 16/02/2013 | Actualizada ás 21:36

Comparte esta noticia

Abrente, o grupo máis próximo á socialdemocracia dos que quedan no Bloque, presentará unha emenda ás teses que defende a UPG, o partido comunista máis numeroso na frente. Na próxima Asemblea Nacional do 16 de marzo, que decidirá unha posíbel refundación do BNG, Abrente tampouco se integrará, en principio, nas listas que promove a UPG.

Público no acto de Abrente
Público no acto de Abrente

O voceiro de Abrente Carlos Aymerich confirmou a presentación da emenda no Consello Nacional do Bloque organizado en Compostela. Iso si, Aymerich admitiu que aínda hai posibilidade de pacto, pois queda pendente outro Consello Nacional para votar os textos remitidos hoxe.

Abrente é a forza que acolle aos militantes de Máis Galiza que non marcharon do BNG tras a última Asemblea Nacional. Nesa Asemblea a UPG gañou democraticamente todas as votacións, polo que en principio o partido de Nestor Rego e Francisco Jorquera non debería ter problema para vencer tamén na próxima Asemblea sen o apoio de Abrente. Con todo, hoxe quedou claro que Abrente non está pola integración automática asumindo os postulados dunha práctica máis ortodoxamente comunista e soberanista que propugna a UPG.

Neste xiro, a UPG está a considerar a posibilidade de tentar integrar nunha única forza aos colectivos independentistas que nas últimas décadas se afastaron do Bloque polo súa suposta deriva cada un discurso menos independentista. O portal independentista Galiza Livre confirmou a existencia de conversas tanto con Causa Galiza como con Nós UP. De feito, o Bloque promove unha plataforma pola autodeterminación na que pretende integrar aos independentistas, unha iniciativa inédita no BNG dos últimos anos.

Guillerme Vázquez, admitiu hoxe entre liñas que hai contactos, pero "oficialmente" non. "Outra cousa é que neste país todo o mundo fala con todo o mundo, pero dende o punto de vista de establecemento de conversacións formais, non" declarou en rolda de prensa quen permanece como voceiro até a Asemblea. 

Néstor Rego, actual líder da UPG
Néstor Rego, actual líder da UPG | Fonte: Terra e tempo

De entrada semella que a importante distancia ideolóxica entre a socialdemocracia de Abrente e o soberanismo marxista de forzas como Nós-UP poidan convivir sen roces dentro dunha mesma organización. 

Abrente aposta por un BNG que supere o modelo frontista superando a doble militancia, onde os militantes son membros tanto do Bloque como das súas correntes. Tamén argumenta que, para transformar a sociedade galega, é imprescindíbel tentar acadar máis poder político nas institucións. 

Debate dentro da UPG

Dende a UPG, Jorquera negouse a valorar a emenda de Abrente. O voceiro parlamentario tamén rexeitou debater sobre nomes para substituír a Vázquez, malia que en principio el é o favorito para tal labor. 

Dentro da propia UPG hai un debate intenso sobre como artellar o futuro do Bloque. Mentres unha parte da formación considera que cómpre tender pontes para tentar a medio prazo recuperar a unidade do nacionalismo atraendo aos escindidos de Compromiso por Galicia e Anova Irmandade Nacionalista; outra parte considera que a prioridade é afondar no xiro á esquerda e, de paso, atraer aos independentistas sen ter tanta presa para chegar a acordos con Anova e Compromiso.

A manifestación de NóS-UP o 25 de Xullo de 2011
A manifestación de NóS-UP o 25 de Xullo de 2011
Manifestación de Causa Galiza
Manifestación de Causa Galiza | Fonte: Galiza Contrainfo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 67 comentarios

20 Xose Manuel

Felizmente a UPG é irrelevante. O BNG xa non ten votos

1 Francisco

Irrelevante serán algúns nacionalistas cando non estexa o Beiras, despois de facerlle a cama á esquerda españolista.

19 Roi Xordo

1º) A UPG ten que decidir se quere a "deconstrucción" do BNG, converténdoo nunha rediviva ANPG, ou sexa, mera correa de transmisión da UPG, ou pola contra opta por "reconstruir" o BNG como casa común do nacionalismo galego de esquerda. 2º) No primeiro suposto ABRENTE sobra e debe marchar do BNG; no segundo caso ABRENTE é fundamental para servir de ponte cos escindidos. 3º) Tódolos indicios apuntan por desgraza ó primeiro suposto: así atacar dende a ponencia "oficiosa" ó BNG anterior a Amio por funcionar como unha coalición (¿logo qué era se non iso?), facer as beiras a Nós-UP e Causa Galiza, procurar a confrontación aberta con AGE-Beiras, ou pasar dun soberanismo "atrápao todo" a un independentismo aberto que descoñece a realidade social galega.

18 Soberanista de esquerdas

Nos-PP non pasan de 60 militantes, e dan máis problemas que outra cousa. Xa o comprobaredes.

17 Un de CxG.

Militantes de Acrente mandade a tomar polo cu a UPG.

1 viasevir

Que militantes de Abrente?? Aymerich que está mais queimado que... ou a Bouzas que en canto non saiu electa abandonou o barco. Ou Camilo, que parece que é de mal agoiro. Alá onde vai, recuando e para baixo . Acabouse o BNG e naceu a ANPG.Quen non o queira ver, alá el/ela.

16 Costadamorte

Ben, falo a título persoal e coma militante do BNG que non estou nin con Abrente nin coa UPG, eu penso que o mellor e procurar un BNG coa UPG, con Abrente, con NOS-UP e con ANOVA e CxG... Por elo non comparto a idea de Abrente de que o BNG ten que evoluir a ser un partido convencional, mais tamén quero ver superada a estrutura frontista actual..., para min o BNG ten que ser unha federación, ou unha coalición estable de forzas nacionalistas de ideoloxía diversa actuando concertadamente para acadar a INDEPENDENCIA.

1 Xistral

Eu penso exactamente o mesmo e tamen son militante do Bng. E tamen penso que os lideres deste momento son grises, grises, grises..., por non dicir negros de todo.

2 liberal

Si home, e co pp, e co psoe, e con iu... se por sumar que non quede. hai que ler cada cousa...

3 Xistral

Compañeiro liberal. Penso que non falamos nada o compañeiro Costadamorte e máis eu nin do pp, nin do psoe nin de iu. Falamos de nacionalistas ou non liches ben e creo que queda moi clara a palabra final INDEPENDENCIA; que eu saiba os partidos que sinalas non están moito por esa labor...

4 Ronsel

Coma militante Irmandinho eu tamén prefiro un achegamento das forzas nacionais galegas, é dicer, voltar a ser un BNG asambleario e integrador.

5 anonimo

Tarde piaches Ronsel. Que o pensaran antes, que por paciencia con eles non foi. En Amio escinificaron a ruptura, de feito convidavanos a marchar por activa ou por pasiva. A UPG o único que quere é ter a xente enredada en liortas internas para así non facer nada. Eles a vivir ben e que o tempo pase... A verdade áé que alí dentro fai moito frio, o mesmo que nos dicían eles que facía fora.

6 Quesedigan

Son de CxG e coincido co que expón Costadamorte: coalición estable de forzas nacionalistas, soberanistas e independentistas.