Un Borbón

San Diego. Axencias.

Por Xurxo Ayán | Compostela | 19/02/2013

Comparte esta noticia
O octoxenario Afonso de Bourbon, residente de San Diego (California) e que dicía ser  neto de Afonso XIII, morreu aplastado por un camión que circulaba marcha atrás. “Sen dúbida, era un dos personaxes máis interesantes de todos cantos vin en La Jolla nos perto de corenta anos que levo vivindo aquí”, explicou Thomas White, uno dos veciños desta exclusiva comunidade de San Diego.
 
Este home corría co mote de “O Conde” ou “O Príncipe” dende que se instalou en 1975 nese lugar, onde dicía que era fillo de Afonso de Borbón e Battenberg, primoxénito de Afonso XIII. O herdeiro da Coroa, doente hemofílico, renunciara en 1933 para casar cunha muller divorciada.
 
Afonso de Bourbon dicía ter vivido en París, Alemaña e Nova Iorque, onde seica foi tradutor da ONU. Os veciños acórdano pola súa sociabilidade, o seu impecábel senso da elegancia e o longo tempo que pasaba nos restaurantes e na libraría local, ademáis de polo seu extraño costume de rescatar cousas dos contedores de lixo; de feito, o camión que acabou coa súa vida era o da recolleita do lixo.
 
De Bourbon adoitaba tamén ir sen estar convidado a galas da alta sociedade e sempre tentaba convencer aos clientes para que o convidasen a xantar. Doutra volta, pasaba todas as tardes na libraría Warwick, un local onde lía libros encol da 2ª Guerra Mundial ou o nazismo mentres guindaba piropos ás mulleres. Quen o coñeceu subliña a súa habilidade para atopar verbas coas que dicir cousas boas á xente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA