Extinguido en Manzaneda un incendio forestal que queimou máis de 20 hectáreas

O lume quedou extinguido pasadas as dez da noite deste martes.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 29/07/2020 | Actualizada ás 12:18

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural informou este martes dun incendio forestal que afecta o municipio ourensán de Manzaneda e que quedou extinguido tras queimar máis 20 hectáreas.

En concreto, o lume iniciouse pouco despois das 23,00 horas deste luns na parroquia de Paradela e quedou extinguido pasadas as 22.20 do martes.

As chamas afectaron a unha superficie estimada de 23,45 hectáreas, das cales a inmensa maioría, 21,45 de monte baixo e o resto de arboledo, segundo as últimas estimacións por GPS.

No seu control mobilizáronse un técnico, cinco axentes, 16 brigadas, seis motobombas, unha pa e dous helicópteros.

Imaxe de arquivo dun incendio en Galicia. EUROPA PRESS - Arquivo
Imaxe de arquivo dun incendio en Galicia. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta