A Feira do Libro da Coruña avanza en "a reactivación do sector editorial"

Durante estes días achegaranse ás instalacións máis de 110 autores para asinar exemplares.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/08/2020 | Actualizada ás 16:55

Comparte esta noticia

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, participou este sábado na inauguración da Feira do Libro da Coruña, unha das principais citas dentro do calendario de Feiras de Galicia 2020, que se celebrará nos Xardíns de Méndez Núñez ata o 10 de agosto, coa participación dun centenar de autores e preto de 20 librarías.

Durante o acto de inauguración, que contou coa participación de Érica Esmorís, o representante da Xunta celebrou a acollida que tiveron ata agora todas as citas incluídas no calendario de Feiras de Galicia 2020 e convidou á cidadanía a "seguir impulsando a reactivación do sector editorial galego" a través destas celebracións, especialmente nun contexto "tan delicado" como o actual.

A cita da Coruña, igual que todas as que se están celebrando en Galicia, estará adaptada ao contexto COVID-19. A este respecto, Anxo Lorenzo agradeceu "o enorme esforzo que está a facer a Federación de Librarías de Galicia" e a disposición dun centenar de autores que estes días asinarán exemplares na cidade da A Coruña.

Esta nova edición da Feira do Libro da Coruña estará aberta ata o vindeiro luns 10 de agosto nos Xardíns de Méndez Núñez entre as 11,00 e as 14,00 horas e, xa de tarde, entre as 18,00 a as 22,00 horas. Ademais, os fins de semana e festivos o horario de mañá prolongarase ata as 14,30 horas. Durante estes días achegaranse ás instalacións máis de 110 autores para asinar exemplares.

Ademais, contarán cun espazo propio as librarías e editoriais Pedreira, Nobel Coruña, Hércules Ediciones, Aenea, Komic Libraría, Metropolis Cómics Coruña, Grupo Planeta, Alvarellos Editora, Moito Conto, Cortizas, El Faro de los tres mundos, Alita Cómics, A Gata Tola e Azeta, que ofrecerán un 10% de desconto en todos os libros.

Unhas mulleres len libros na rúa Elduayen, en Vigo
Unhas mulleres len libros na rúa Elduayen, en Vigo | Fonte: © Miguel Nuñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta