Un pirómano anda solto por Cerdedo-Cotobade: provoca nove incendios, tres deles en 10 minutos

Continúa sen control o lume de Lobios de 420 hectáreas iniciado o pasado sábado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2020 | Actualizada ás 14:18

Comparte esta noticia

O municipio pontevedrés de Cerdedo-Cotobade rexistra nunhas horas un total de sete incendios, tres deles iniciados nunha marxe de 10 minutos. Segundo informa a Consellería de Medio Rural, cinco dos incendios rexistráronse na noite de luns entre as 21,52 e as 23,00 horas. Tres en Tenorio e dous en Almofrei.

Tras unha "rápida" intervención, só afectaron a unha superficie de 0,09. A Xunta apunta á súa "probable intencionalidade". Despois, na mañá de martes tiveron lugar outro catro lumes neste municipio, tres dos cales comezaron en 10 minutos.

SEGUE SEN CONTROL O LUME DE LOBIOS

Pola súa banda, o incendio forestal que se rexistra desde a mañá do pasado sábado no municipio ourensán de Lobios, tras entrar por Portugal, segue activo este martes despois de queimar unhas 420 hectáreas no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

Na súa extinción produciuse a caída dun hidroavión, coa morte do piloto. Traballaron de forma acumulada, nove avións, 11 helicópteros e 30 motobombas, entre outros.

Pola súa banda, tamén no Xurés, segue controlado o incendio de Muíños, na parroquia de Requiás, que afecta a unhas 50 hectáreas. Quedou extinguido outro nesta mesma parroquia de pouco máis dunha hectárea.

Incendio en Cerdedo-Cotobade
Incendio en Cerdedo-Cotobade | Fonte: ATBRIF.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta