Soben a 15 os contaxiados polo brote relacionado cun campamento de Cerdido

Todos eles están en seguimento domiciliario.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/08/2020 | Actualizada ás 12:31

Comparte esta noticia

Os afectados por un brote relacionado cun campamento de Cerdido (A Coruña) ata o momento ascenden a 15, un máis que este xoves, todos eles en seguimento domiciliario.

Mostra para facer un test de coronavirus
Mostra para facer un test de coronavirus | Fonte: © Miguel Núñez.

Así o confirmaron fontes da Consellería de Sanidade, que puntualizaron que tres dos positivos son monitores, dous menores e dez contactos dos anteriores (un máis que a xornada pasada).

Por parte de Sanidade concretaron que ata o momento realizáronse 172 PCR relacionadas con este brote, o que supón 39 máis que este xoves.

Este trátase dun brote identificado na área Sanitaria de Ferrol no 'Campamento de Verán 2020' que organiza a Sociedade Cultural Airiños dos Carrís e a ANPA do colexio Os Carrís.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta