Ollo... Estas son as praias nas que non se recomenda o baño por niveis elevados de E.coli

Sanidade recomenda non bañarse nunha vintena de praias galegas polos niveis de E.coli e enterococos intestinais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/08/2020 | Actualizada ás 14:56

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade fixo unha recomendación de non bañarse nun total de 21 praias galegas no que vai de mes de agosto debido aos niveis elevados de Escherichia coli e de enterococos intestinais.

De acordo cos datos dos controis realizados nas augas das praias, os niveis situáronse por encima de 1.000 NMP (número máis probable) por 100 mililitros, no caso do E. coli, e de 600 NMP, no dos enterococos intestinais, nunha vintena de praias marítimas e noutras cinco continentais.

Por encima desas cifras considérase que existe contaminación microbiolóxica e pídese aos cidadáns que non se bañen. Nestes casos, a Consellería avisa aos concellos afectados para que se instalen paneis informativos nas praias.

As análises detectaron niveis elevados en 12 areais da provincia da Coruña, en tres da de Pontevedra e en seis da de Lugo. Nesta última provincia, os avisos afectan as praias do Cantiño e Ril, en Burela; á de Rueta, en Cervo; ás de Arealonga e Pampillosa, en Foz; e á de Arealonga-O Vicedo, no Vicedo.

En Pontevedra as análises detectaron cifras altas o 2 de agosto en Manín, en Sanxenxo, e o 12 do mesmo mes na praia de Preguntoiro, en Vilagarcía de Arousa, e na das Patiñas, en Vilanova de Arousa.

O Concello da Coruña pola súa parte, sinala que as seguintes praias son aptas para o baño: San Amaro, As Lapas, Matadoiro, Orzán, Riazor e Oza.

Unha persoa pasea pola praia do Orzán, nunha imaxe de arquivo do 3 de maio de 2020. M. Dylan - Europa Press - Arquivo
Unha persoa pasea pola praia do Orzán, nunha imaxe de arquivo do 3 de maio de 2020. M. Dylan - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

O SERGAS á súa web para consultar o estado actual das praias en Galicia. Asegura que os datos sobre aumento de E.coli se debeu aos datos recollidos o día 12 de agosto , datos que deixaban ver aumento destas bacterias por culpa dunha tromba de auga, o que incrementou a presenza de E.coli na auga. O día 15 de agosto, tanto Concello da Coruña como Xunta de Galicia recolleron novas mostras que indicaban a idoneidade das augas destas praias para o baño.

Os resultados tamén recomendan non bañarse en Bastiagueiro, Mera, Naval-Santa Cruz, na zona de Santa Cristina Dereito e na de Santa Cristina Desaguadoiro do Río e a de Santa Cruz Porto, en Oleiros.

A estas praias súmanse as fluviais de San Xoán, en Arbo (Pontevedra); a do río Escádebas, na área recreativa dos Sete Muiños, en Guitiriz (Lugo); a do río Tronceda, na área recreativa Coto dáaRecadeira, en Mondoñedo (Lugo); a do río Navia, en Navia de Suarna (Lugo); e a da área recreativa de Chao de Pousadoiro, en Ribeira de Piquín (Lugo).

Ademais, de acordo cos datos de Sanidade, hai 14 praias marítimas pechadas ao baño de forma permanente na Comunidade por ter unha clasificación sanitaria insuficiente durante cinco tempadas consecutivas e unha máis, a de Sacido, en Viveiro (Lugo), está pechada de forma temporal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 GGS

Que ocurriu os días previos o 12 de agosto ña área daCoruña -Oleiros para que aumentase a contaminación microbiológica de xeito tan destacado e cando previamente estaba en rango normal despois baixara na do 16 de agosto ? Problema na depuradora?? Hai que ver as estadísticas ... Os valores fluctúan de xeito chamativo https://www.sergas.es/Saude-publica...ÑA%20WEB.pdf

1 Phodechinchos non

É o que pasa por botar a caca aos ríos e ao mar con depuradoras de rabogordo ou a escape libre. O diñeiro da UE para iso foi desviado para botsr formigón na costa, poñer luces e demais mamarrachadas. Despois protestan porque os holandeses non queren darlles máis cartos... É que aínda non saben moi ben en que o tiran porque minten e falsean proxectos porque se non, non mandabsn un euro máis. Os políticos son o reflexo desta sociedade que se baña nos seus propios detritos.