Polémica en redes pola "imposición" do galego ós opositores españois: "el idioma oficial del país es el castellano"

O debate da lingua nas oposicións prende as redes: "os postos na administración non están para dar traballo senón servizo aos cidadáns", apuntan internautas sobre a necesidade de saber as linguas cooficiais.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Un vello debate que volve prender os ánimos. A cuestión da "imposición" das linguas cooficiais ós opositores do resto do Estado vén de incendios a rede social Twitter nun intercambio de posturas que oscila entre a defensa da obligatoriedade e a abolición do requisito. O conflito orixinouse uns días atrás a raíz dun chío contra a necesidade de aprender galego, catalán ou vasco para exercer como sanitario nas comunidades históricas correspondentes.

Captura de pantalla do tweet contra a 'imposición' do galego ós opositores do resto do Estado
Captura de pantalla do tweet contra a 'imposición' do galego ós opositores do resto do Estado | Fonte: Twitter

O alegato inicial foi axiña respostado por multitude de usuarios en defensa duns servizos públicos que garantar a atención nas linguas cooficiais. "Os postos na administración non son para dar traballo senón para atender ó cidadán", apuntaba un internauta.

Tamén houbo casos de tuiteiros que defenderon ó autor do tweet inicial apuntando a que "el idioma oficial y principal es el castellano".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

8 Rui do

En el fondo la imposición del gallego se vuelve contra sus promotores. Todos los estudios coinciden en que la juventud cada año pasa más del gallego, un idioma sin utilidad que asocian a un profe pirado, fracasados quemacontenedores y aficionados a vivir del sindicato o la subvención. Una vez más se demuestra la inteligencia y el sentido práctico del gallego medio que hace que Galicia sea uno de los mejores lugares de España para vivir y también muy estimado destino turístico.

1 Amancio

Hora de erguerse Rui, acabou o soño.

7 Gamela

Efectivamente este é un vello debate que nunca damos resolto ! https://twitter.com/00Gamela/status... Ás veces cómpre facer memoria e saber de onde vimos e pensar a onde vamos (?) Quedan 4 longos anos por diante, e temos cuestións urxentes dabondo como para andar a retrincar nas RR.SS.

6 eu2

Os médicos, na galiza, poden ser contratados sen o celga 4 (outro caso son enfermeiros ou mestres) así que o idioma , por moito que queiran malmeter, non é un factor excluínte para acadar un traballo. Logo , para oposición si que o precisan. Tamén poden facer unha proba que consiste en traducir un texto de castelan a galego e de galego a castelán antes da oposición. A cuestión é a seguinte. Merece unha persoa de Cadiz, barakaldo ou Cáceres unha praza en Galicia se non é quen de estudiar mínimamente un idioma oficial para simplemente traducir un texto? se é quen de sacar un 9 nunha opo,capacidade ten; pero vontade? é discriminante ou é unha cuestion de desinterés do suxeito?

5 anonimo

o exemplo, dun de Cadiz (ou , como eles din Cai) ten retranca. Un de "cai" ( mi arma) o primeiro que tiñan que saber é a falar en Castelán. Para ser monolingües, cómense e mudan letras continuamente. Os galegos, bilingües na maioría do casos, falan mellor castelán que os Gaditanos.

1 Antonio Moreno Cano

Estimado lector: Si usted pretende que las personas respeten su lengua gallega y la aprendan, no insulte la variedad lingüística de España. El mismo derecho tienes tú a defender el gallego que yo el andaluz. Vamos a ver quién se come qué letras.

4 Amancio

Este é un bo exemplo onde se reflicte a mentalidade submisa da xente de provincias como "Galeguiña" ou "nostrus". A realidade é que a administración pública está para nos servir, non para servirmos nós a ela. Os galegofalantes pagamos tantos impostos como os que non o somos e, portanto, temos tanto dereito como o resto a chegarmos ao noso médico e non sermos obrigados a mudar a lingua. E mais nada. A xente que defende que os empregados da administración pública non deben saber galego para traballar nela faino porque, na verdade, acredita que o castelán e a lingua importante e o galego non o é.