@mundofodechincho, unha plataforma para denunciar as agresións a Galicia do "españolismo máis rancio"

2.000 persoas seguen a esta conta de Twitter que combate os "menosprezos" á lingua e cultura galegas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2020 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

"Cada vez que leo 'A Coruña' me da un escalofrío". ""El idioma de España es el español". "Lo podéis mandar en castellano, que no se entiende". "No, Galicia no es una nación". Frases como esta son as que poboan o perfil dos tuiteiros @munfodechincho. As mostras de rexeitamento á lingua e cultura galegas, con todo, non veñen do usuario, que tan só se dedica a recompilalas baixo o lema "denantes mortos que fodechinchos".

Viñeta de Castelao
Viñeta de Castelao | Fonte: cantoghalpon.com

A conta, que este mes de agosto cumplirá un ano na rede, dedícase a recuperar "agresións" á lingua e cultura galegas citando ao autor cunha resposta "ás veces máis retranqueira, ás veces máis directa", en palabras dun dos seus administradores. O obxectivo da plataforma, pois, é denunciar os ataques do "españolismo máis rancio", se ben os donos da conta recoñecen a dificultade de "mudar" este clase de pensamento. "A nosa idea era non entrar ó trapo en caso de recibir resposta", destacan, sen ocultar que "non sempre" o conseguen: "non é fácil calar diante de moitas das barbaridades que escoitamos".

A conta, que recentemente sobrepasou o limiar dos 2.000 seguidores, afirma ter atopado "de todo" en resposta ós seus chíos. "Hai xente que non resposta e te bloquea, que te insulta, que tenta razoar contigo... tamén nos temos atopado xente que nos critica. Téñennos chamado racistas dende a militancia da galeguidade". Os impulsores recoñecen estar "satisfeitos" co proxecto: "moitas veces poñer de xeito tan claro os insultos e o menosprezo fai que a xente se volta máis combativa á hora de defender o noso".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

3 nostrus

"Yo soy tan gallego como tu, el gallego no lo hablo pero lo entiendo Igualiño que o meu can, non o fala, pero carallo si o entende" Aqui vese aos que tanto se laian dos desprecios que fan aos galegos, pero a sua vez non teñen ningún reparo en despreciar. Nazionalistas que constantemente van de vitimas, pero só cando non poden facer de verdugos. O nazionalismo é o mais noxento que existe nos nosos dias que non ten reparos en comparar cos cans aos que non son da súa fe. Estan condenados ao fracaso, vénselle as cartas e decatámos de que xogan de farol e só teñen éxito con quen se deixa enganar.

1 Inespal

Cheiras a naZionalismo Voxteiro. Non es mais ca un feixista. Fedes Voxtrus.

2 Sentidiño

Con todo o meu respecto, Inespal, pódese discutir de todo sen ofender a ninguén. En canto ao noso compañeiro nostrus, el vota Ciudadanos, ou iso di. Que o seu partido é nacionalista español non o poño en dúbida.

3 Inespal

Con todo respecto e sentidiño, Sentidiño, tanto me tén. Si hai alguen que ofende, ese é o Voxtrus. A min tanto me ten que vote cs, PP ou o Voxta. Son a mesma cousa. Alguen di " galego" e xa o tes o pescozo. Eu cos feixitas so discuto así. Non hai mais.

2 Inespal

Fach and furious, adiante.

1 Ricardo R.

Un nuevo chiringuito de la U a cargo del liberado de guardia.

1 Ailalelo

En galego, abrazafarolas españolista!! Para liberados Abscal, Fra-Casado e Rivera que non se lles coñece beneficio nin oficio e con máis de 40 anos todos!! Eses sin vivirom e viven de CHIRINGUITOS que na Galiza o inventor foi o feixista de Fraga, non esquecer