As redes responden á versión dos medios sobre os okupas: "en Galicia hai 300.000 vivendas baleiras"

Tuiteiros critican a visión "alarmista" dos medios de comunicación para "xerar medo nos propietarios".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2020 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

Os medios falan e as redes respostan. Esta dinámica que toma a comunicación nos nosos días vén de ter lugar a respecto das noticias sobre a okupación, que nos últimos días veñen anegando as planas de xornais e telexornais co caso dun edificio de Vigo á cabeza. Nesta circunstancia, e mentres os medios espallan "o medo" entre os propietarios, as redes serven de plataforma para os que dan outra visión sobre o conflito.

Manifestación convocada pola Asociación Gatos Roxos, contra a okupación de vivendas e os okupas do barrio das Gándaras en Lugo
Manifestación convocada pola Asociación Gatos Roxos, contra a okupación de vivendas e os okupas do barrio das Gándaras en Lugo | Fonte: Lugo Xornal

A versión 'alternativa' sobre o problema da okupación fai fincapé no "alarmismo" de cabeceiras e televisións. "En case todos os casos que saen nos medios hai algo que non se nos conta", destaca un usuario. As mostras de rexeitamento á versión mediática do conflito partiron tanto de usuario de Galicia como do resto do Estado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Dende a implementación dos "muros de pago" nos medios subvencionados e o amarillismo das televisión dende o inicio da pandemia están espallando as "noticias falsas" e amedrentando á cidadanía para negar os lamentables resultados daqueles 65.000 Millóns que nos roubaron para darllos ao "banco malo" SAREB ! Agora falan de okupas pero non falan dos ABUSIVOS PREZOS DA VIVENDA !!! https://twitter.com/00Gamela/status...