Recoñecen o cancro por sílice como enfermidade profesional a pesar das presións de empresas mineiras

O Consello de Estado declara que hai suficiente evidencia científica para demostrar o perigo canceríxeno do po de sílice. As mineiras alegaban que recoñecer esta enfermidade “supoñía imporlle ás empresas cargas inxustificadas”.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 30/08/2020 | Actualizada ás 11:02

Comparte esta noticia

A Plataforma Veciñal Mina O Pino-Touro Non emitiu un comunicado para dar a coñecer o ditame do Consello de Estado (CE) onde se recoñece que “existe un amplo consenso dentro da comunidade científica sobre a natureza canceríxena do po de sílice en suspensión. A Plataforma lembraba no comunicado que  o ditame do CE “desminte o negacionismo sobre cancro” do po de sílice “que defendían as mineiras de Touro e San Finx”.

Terreos da mina de Touro. EUROPA PRESS - Arquivo
Terreos da mina de Touro. EUROPA PRESS - Arquivo

Os colectivos ecoloxistas e veciñais consideran que as empresas mineiras están exercendo un papel de lobby para evitar a reforma do “Real Decreto 1299/2006 de 10 de novembro”. Esta reforma ampliaría o cadro de enfermidades profesionais dentro do sistema de Seguridad Social. Segundo a Plataforma as empresas “alegaban que recoñecer este tipo de enfermidade supoñía “impor ás empresas cargas inxustificadas””.

Concretamente, as asociacións veciñais e ecoloxistas acusaban ás empresas Francisco Gómez SL, de Touro, Tungsten San Finx SL, filial de Valoriza Minería, xunto coa Cámara Oficiam de Minería de Galicia (COMG) e Asociación Galega de Áridos (ARIGAL) de buscaren impedir unha modificación da lexislación sobre doenzas profesionais para que o cancro de pulmón por sílice en suspensión non se recoñecese como enfermidade laboral.

“Pretendían ademáis que, para recoñecer o cancro de pulmón por exposición á sílice, os pacientes deberían ter que padecer previamente silicose, en contra da evidencia científica actual” din no comunicado enviado desde a Plataforma Veciñal. Así mesmo, sinalan que todo isto sucede “a pesar de que entidades como a Cámara Oficial Mineira reciben millóns de euros da Xunta de Galicia” para programas de “prevención das doenzas profesionais relacionadas coa exposición ao pó de sílice convocatoria tras convocatoria”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 miñoca

O Consello de Estado é un órgano consultivo do Goberno do Estado. O Consello Consultivo de Galicia o é do Goberno da Xunta, Pois a Xunta de Galicia dalle a Cámara Mineira Oficial de Galicia o caracter de organismo consultivo

1 miñoca

Deixo algúns nomes: 1.- José Manuel Alvarez Campaña Gayo presidente da CMOG no ano 2006, antes xa fora Director Xeral de Calidade Medioambiental. Entusiasta defensor da Mina de Lousame e da de Serrabal que explotou José Miguel Villar Mir (Ferroatlántica e financiador do PP,) Nunhas declaracións publicadas en Expansión o 9 de xullo de 2007 decía que " Serrabal puede servir a Galicia para lanzarla en el ámbito de la energía solar". Realizou ademáis traballos que tentaban argumentar a compatibilidade das explotacións mineiras coa Rede Natura.Creaba doctrina que logo,outros aproveitarían.