O 67,5% dos enfermos de Parkinson percibiu un empeoramento dos seus síntomas pola COVID-19

Entre os máis habituais están a bradicinesia, os transtornos do soño, a ridixez e as alteracións da marcha.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O Grupo de Estudo de Trastornos do Movemento da Sociedade Española de Neuroloxía (GETM), en colaboración co Observatorio Párkinson da Federación Española de Parkinson (FEP) e a Asociación Parkinson Galicia-Coruña, acaba de publicar na revista internacional Movement Disorders os resultados da enquisa realizada entre pacientes españois nos meses de maio, xuño e xullo de 2020, co obxectivo de coñecer o impacto da pandemia por COVID-19 nas persoas que padecen enfermidade de Parkinson.

Parkinson.
Parkinson.

Máis do 95% dos pacientes españois con enfermidade de Parkinson levaron a cabo rigorosas medidas preventivas para evitar contraer a enfermidade -non só uso de máscara ou lavado de mans, senón confinamento e distanciamento social rigoroso-, a pesar de que máis do 85% non tivo contacto con casos de Covid-19.

Aínda que, case o 73% dos pacientes seguiu cos seus tratamentos e mantívose activo durante o confinamento, o 65,7% percibiu un empeoramento dos seus síntomas. Entre os máis habituais: bradicinesia (48%); trastornos do soño (41%); rixidez (41%); alteracións da marcha (34,5%); ansiedade (31%); dor (28,5%); fatiga (28%); depresión (27,5%); tremor (21%) e/ou trastornos do apetito (13%).

“Aínda que non hai evidencia de que os pacientes con Parkinson teñan un maior risco de contraer COVID-19 ou de ter un peor prognóstico en caso de resultar contaxiados, é innegable o impacto que a pandemia tivo no empeoramento da función motora como no desenvolvemento de síntomas psiquiátricos -como tensións, depresión ou ansiedade- como consecuencia do illamento ou as restricións á mobilidade”, sinala o Dr. Diego Santos, Secretario do Grupo de Estudo de Trastornos do Movemento da SEN e principal autor do estudo.

COIDADORES

Ademais, a pandemia non só tivo consecuencias entre os pacientes senón tamén nos coidadores. Mentres que un 70% dos pacientes consideran que a pandemia lles ha afectado negativamente  e valoran o impacto negativo nun 6,6 (nunha escala de 0 a 10), no caso dos coidadores, este impacto ascende ao 6,9.

COVID-19

“Finalmente sinalar que aínda que o estudo non foi deseñado para determinar a prevalencia de COVID-19, os datos que recollemos suxiren que a porcentaxe de pacientes con Parkinson afectados por COVID-19 podería ser bastante baixo. Na nosa mostra, só un 2,6% tiveron a enfermidade confirmada, dos cales só un 33% tivo que ser hospitalizado e unicamente recollemos un caso que tivo que ser ingresado nunha UCI”, comenta o Dr. Diego Santos.

“Polo tanto, máis que a enfermidade en si, foi o confinamento, o peche das asociacións de pacientes, o distanciamento social, así como os sentimentos de soidade, depresión ou a tensión psicolóxica", conclúe o doutor.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta