Xerais pon en marcha un programa de lecturas para chegar aos máis novos

A nova iniciativa da editorial básase en dar a coñecer novos libros ao público infantil e xuvenil mediante pequenos vídeos.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/09/2020 | Actualizada ás 11:41

Comparte esta noticia

Co motivo do comezo de novo curso escolar 2020/2021, Editorial Xerais pon en marcha unha campaña chamada "Lecturas Xerais para aprender e divertirse". 

A escritora Ledia Costa lendo Infamia, unha das súas obras
A escritora Ledia Costa lendo Infamia, unha das súas obras | Fonte: Xerais

Esta campaña de animación á lectura pretende dar a coñecer novos libros ao público infantil e xuvenil mediante pequenos vídeos pensados para publicar nas redes sociais Twitter, Facebook, Instagram, ou mesmo para ser enviados por WhatsApp.

A boa acollida que tivo a campaña de #envozpropia, que Xerais puxo en marcha durante o confinamento e na que se recolleron 44 gravacións da lectura da primeira páxina do libro lido polo súa autora o autor, fixo que a editora siga apostando pola promoción virtual para dar a coñecer as súas novidades, como é o caso da nova campaña.

Na canle de Youtube da Editorial Xerais, pódense encontrar vídeos-presentación dos novos libros de Manuel Rivas, Ledicia Costas, Rosa Aneiros, Ramón Domínguez e Maria Reimóndez. 

Os vídeos están preparados por David Rodríguez e contan con pequenas animacións das ilustracións do propio libro e, nalgún dos casos, unhas declaracións da autora ou autor. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta