Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2020 | Actualizada ás 19:42
A Valedora do Pobo denuncia na súa memoria anual, referente ao pasado ano 2019, que algúns concellos poñen "obstáculos" ás persoas sen fogar ou sen domicilio fixo á hora de darse de alta no padrón municipal.
Nas conclusións do documento, o Alto Comisionado do Parlamento galego que preside María Dolores Fernández Galiño sinala que os empadroamentos constitúen "a porta de entrada aos servizos sociais, polo que impedilos ou dificultalos é tanto como impedir ou atrasar as axudas de primeira necesidade".
Así, subliña que en "certos departamentos municipais" constatáronse a existencia de "obstáculos" á hora de empadroar a estas persoas en situación de vulnerabilidade.
"Sucede malia que esas circunstacias son as que fan máis necesarias e urxentes as axudas", incide a Valedora no seu informe anual, no que avanza o inicio de actuacións de oficio para coñecer como actúan as entidades locais neste ámbito.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.