Por Europa Press / Redacción | Lugo | 12/09/2020 | Actualizada ás 19:18
A cidade de Lugo espertouse este sábado cos restos dun botellón no barrio do Carme, unha zona protexida da cidade que sufriu danos de diversa consideración durante a pasada madrugada.
O edil de Medio Ambiente, Álvaro Santos, lembrou que esta práctica está "prohibida" e advertiu de que pode carrexar "importantes multas por parte das autoridades", sobre todo no contexto de crise sanitaria pola COVID-19.
Os autores provocaron diversos danos na zona, que obrigou a despregar un dispositivo especial de limpeza para acondicionar o lugar.
Santos advertiu de que "a gravidade dos feitos van máis aló" da situación sanitaria, posto que a zona está moi próxima ao Casco Vello e polo que pasa a Vía Romana XIX e o Camiño Primitivo.
Por iso, realizou un chamamento aos cidadáns, e especialmente aos mozos, a coidar o patrimonio e a respectar os espazos públicos e reiterou que "os insolidarios" se expoñen a "importantes sancións económicas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.