Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2020 | Actualizada ás 09:35
O Grupo Colmeiro reinicia a súa actividade, despois da incidencia da Covid-19, nos eixos opinión e debate tanto en Galicia como no panorama internacional.
CONSECUENCIAS DA PANDEMIA
A principios do próximo mes de outubro levarán a cabo unhas xornadas, presenciais e por videoconferencia, sobre as consecuencias económicas e sociais da pandemia do coronavirus. Nestas xornadas colaborarán coa ULC e a Fundación Belarmino Fernández Iglesias (FBFI). Ademais, integrantes do Grupo Colmeiro, tanto de Galicia como de Arxentina, Brasil, Francia, Italia, México, Portugal e Uruguai expoñerán os seus puntos de vista e discutirán sobre políticas de recuperación.
No último trimestre do ano, a profesora Isabel Neira e os profesores Miguel Vázquez Taín, Venancio Salcines e Luís Caramés Viéitez, intervirán en actividades da Columbus University e a Universidade LiberQuaré, de Panamá e México, respectivamente, sobre as consecuencias socioeconómicas da pandemia.
O profesor Caramés tamén participará o 12 de novembro no XII Seminario Internacional de Economía Pública Local, en Pátzcuaro, Michoacán, México, co relatorio “Á mantenta da pandemia. A coordinación no federalismo fiscal”.
O Grupo Colmeiro retomará a elaboración do Barómetro Galego de Equidade Laboral, a cargo da profesora María Bastida, o profesor Nieto Roig e o profesor José Ramón Cancelo, sobre a evolución dos indicadores máis significativos do mercado laboral feminino. As políticas públicas, en opinión do profesor Caramés, "han de ter en conta particularidades de xénero que condicionan os indicadores estruturais da economía".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.