Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2020 | Actualizada ás 21:55
A incubadora de alta tecnoloxía BioIncubaTech ten aberto ata este martes, día 15, o prazo de recepción de candidaturas de proxectos biotecnolóxicos, segundo informa a Consellería de Economía e Industria.
A través desta segunda edición, BioIncubaTech apoiará 22 pequenas empresas e proxectos no ámbito das ciencias da saúde e a biotecnoloxía alimentaria, "ofrecéndolles infraestruturas e programas de incubación e aceleración para conseguir atraer talento emprendedor e resultados de investigación de todo o mundo a Galicia".
A través da primeira edición deste programa, apoiáronse xa 22 proxectos e empresas, dos que seis en fase de preincubación xa se constituíron como empresas, catro asinas xa están instaladas en laboratorios e oficinas do edificio Emprendia e outro cinco teñen a disposición a área de coworking.
XORNADAS COA USC
Por outra banda, a Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) organizan unha serie de mesas de diálogo para analizar o impacto da automatización e a dixitalización nos diferentes sectores económicos de Galicia.
O obxectivo, explica a Consellería, é "favorecer a achega de propostas compartidas que contribúan a reactivar a actividade económica nun contexto no que os procesos produtivos impulsados polas novas tecnoloxías cobran máis relevancia debido ás consecuencias da pandemia da COVID-19".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.