Estremeños, cántabros, checos ou venezolanos terán que rexistrarse se visitan Galciia

Brasil, Colombia, Perú e Panamá saen da lista de viaxeiros da Xunta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2020 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

Brasil, Colombia, Panamá e Perú abandonaron a lista de territorios de obrigado rexistro para as persoas que visiten Galicia, unha relación á que se incorporan as comunidades de Estremadura e Cantabria e os países República Checa, Venezuela, Puerto Rico e República Dominicana, entre outros.

O Diario Oficial de Galicia publica este sábado a actualización dos territorios incluídos no rexistro de viaxeiros que cheguen á comunidade e que, se proceden dalgunha das rexións incluídas na listaxe pola alta incidencia da pandemia, deben comunicalo ás autoridades.

Entre as principais novidades figura a saída de países latinoamericanos como Brasil, Colombia, Panamá e Perú, que abandonan unha listaxe no que figuraban case desde a súa posta en marcha a finais do mes de xullo. Por contra, incorpóranse Venezuela, República Dominicana, Puerto Rico, Bonaire, Santo Eustathius e Saba e San Martín entre as rexións de América que os viaxeiros deben comunicar se as visitaron 14 días antes da súa arribada á Comunidade galega.

Así mesmo, continúa vixente para as persoas que procedan de Arxentina, Aruba, Costa Rica, Ecuador, O Salvador, Guatemala, Honduras, Paraguai, Haití, Xamaica, Nicaragua, e San Martín.

Ademais, segue na lista a totalidade de países do continente africano, mentres que en Asia saen Kuwait e Malvidas dunha relación na que permenecen Bahrein, Bangladesh, India, Irán, Iraq, Israel, Kazakstán, Kyrguistán, Omán, Palestina, Filipinas, Afganistán, Bután, Brunei, Cambodia, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán, Siria, Tailandia, Iemen e Vietnam.

En Europa, a entrada de República Checa é a única novidade nunha lista que seguen integrando Acerbaixán, Andorra, Kósovo e Montenegro. En Oceanía non hai novidades, polo que se mantén Guam como a única procedencia que debe ser notificada.

Por último, Cantabria e Estremadura entran a formar parte dunha lista de comunidades autónomas na que se manteñen Aragón, Castela-A Mancha, Castela-León, Estremadura, Madrid, Melilla, Murcia, Navarra, País Vasco e A Rioxa.

Cola de facturación no Aeroporto de Santiago. Lavacolla. Turismo. Pasaxeiros en aeroportos.. EUROPA PRESS - Arquivo
Cola de facturación no Aeroporto de Santiago. Lavacolla. Turismo. Pasaxeiros en aeroportos.. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta