Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/10/2020 | Actualizada ás 15:17
Os casos activos de COVID-19 entre usuarios de residencias de Galicia baixaron lixeiramente, ata o total de 421, tras dous falecementos de anciáns e un alta no centro Os Gozos de Pereiro de Aguiar, principal foco entre os xeriátricos galegos.
De acordo coas últimas cifras da Consellería de Política Social, hai un total de 421 maiores con coronavirus. A residencia de Pereiro, que continúa intervida pola Xunta desde o venres, conta este luns con 150 internos cunha PCR positiva. Tras este, está a DomusVi de Outeiro de Rei, con 130 maiores infectados.
Tamén contan con grandes grupos de anciáns con coronavirus a residencia Val de Monterrei, con 57, e a Nosa Señora do Viso de Lobeira, con 33. Ademais, a residencia Santa Marta de Vigo conta con 13 maiores infectados, a do Incio contabiliza 12 e As Salinas de Ourense ten 11.
Finalmente, hai casos positivos na Torrente Ballester da Coruña (5), na Ballesol de Oleiros (3), en DomusVi Coruña de Culleredo e a Virxe Branca (con 2 cada unha); e a residencia de Arteixo, os apartamentos tutelados do Incio e a Nosa Señora dos Milagres de Barbadás (un caso cada unha).
TRABALLADORES
En canto ao persoal dos xeriátricos, os traballadores con COVID baixaron en tres nas últimas 24 horas, ata 135, despois de que se producisen catro curacións no persoal do centro de Pereiro de Aguiar e do positivo dun empregado da residencia Nosa Señora de Fátima, no Barco de Valdeorras.
CENTROS DE DISCAPACIDADE
En canto aos centros de atención a persoas con discapacidade na Comunidade galega, nas últimas 24 horas curáronse de COVID-19 os catro traballadores da residencia Ricardo Baró de Aspronaga, en Oleiros, que permanecían contaxiados. De feito, este centro é o único de toda Galicia que conta cun usuario coa enfermidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.