Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2020 | Actualizada ás 17:50
A reserva hidráulica galega sitúase no 54% da súa capacidade total, con 2.012 hectómetros cúbicos de 3.714 existentes, o que supón unha perda de seis hectómetros cúbicos no últimos sete días.
Segundo os datos feito públicos este mércores polo Ministerio para a Transición Ecolóxica, nunha semana os encoros da conca do Miño e o Sil perderon 20 hectómetros cúbicos, ata quedar en 1.602.
No caso da conca Miño-Sil, a reserva está ao 52,9%, cuns 200 hectómetros cúbicos menos que no mesmo período de hai un ano. Tamén está por baixo da media da última década.
En cambio, a reserva de Galicia Costa ascende a 410 hectómetros cúbicos, o que supón 14 máis que a pasada semana. Neste caso está por baixo do mesmo período de 2019 (441), pero por encima da media dos últimos 10 anos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.