O Concello de Ourense presentarase en calidade de prexudicado no caso polo incendio da Chavasqueira

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/10/2020 | Actualizada ás 13:07

Comparte esta noticia

O Concello de Ourense presentarase en calidade de prexudicado nas dilixencias abertas polo incendio que arrasou coas instalacións termais da Chavasqueira o 24 de abril de 2019.

Esta decisión tómase tras os informes do servizo de extinción de incendios e as investigacións da Policía Nacional, que detivo a dúas persoas como presuntos autores do lume. O Concello, titular das instalacións, anunciou en sesión ordinaria de xunta de goberno local que será parte demandante no proceso ao considerar que "é un ben público de toda a cidadanía".

Ano e medio despois do incendio, a Policía Nacional informou da detención destes dous individuos, un deles ex empregado do propio centro, e un coñecido deste. Ambos quedaron en liberdade tras o seu pase a disposición xudicial acusados dun suposto delito de incendio con perigo para a vida --polo risco que padeceu un traballador do recinto que tivo que ser rescatado-- coa prohibición de saír do territorio nacional e a obrigación de comparecer semanalmente.

Incendio nas termas da Chavasqueira en Ourense,. POLICÍA NACIONAL - Arquivo
Incendio nas termas da Chavasqueira en Ourense,. POLICÍA NACIONAL - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta