Fai a introdución do acto Marina Mayoral.
Extraordinaria coma sempre, coméntanos coma Rosalia de Castro prescindiu nos Cantares da súa visión desolada e, cede nesta obra a súa voz ó pobo que e quen fala.
O Poema “Castellanos de Castilla”, sérvelle para dar resposta ó mal trato que en Castela recibían daquela os nosos segadores.
Un pobo, o noso, empobrecido,explotado,e deostado, obrigan a poetisa a rebelarse con dor e amargura nos versos.
“Castellanos de Castilla/ tratade ben ós galegos/ cando van, van coma rosas/ cando ven, ven coma negros” .
Naquel poema os casteláns, son tachados de ter mal corazón, alma como as penas duras, de non ter entrañas no peito... e cousas aínda peores sobre Castela....
Non imaxino a maioría dos nosos representantes políticos carentes de sentimentos, e dicir, sen capacidade para desexar maior xustiza social e, desinteresados de canto sucede o seu arredor.
Non imaxino a ningunha persoa, que despois de ter loitado moitos anos por mellorar as condicións de traballo e vida da xente, non se conmocione o comprobar coma tódolos seus esforzos estanse a desfacer ou camiñan en claro retroceso .
Os sentimentos entón non se din, se mostran.
Si algún político se emociona no seu discurso e rompéselle a voz que se enche de bagoas, non fai mais que mostrar os seus sentimentos.
Non deberamos de temer ós sentimentos, só a súa expresión, nas que as veces pódense dar exabruptos, descortesías e, ata chegar a bater co puño nunha mesa ou no estrado... substituíndo así o desexo incontrolado de estamparlle a cara a alguén, que ten responsabilidade sobre o que de prexudicial nos acontece, sexa un banqueiro, un empresario ou político.
É normal que sintamos xenreira cando está ameazada a nosa integridade, a nosa identidade, a da nosa familia, a dos nosos amigos ou a de moitos cidadáns.
Hoxe están a ser agredidos, acosados e intimidados: moitos millóns de parados; os hipotecados; os pensionistas; os autónomos, e mais do cincuenta por cento dos nosos mozos no desemprego...
O Presidente Feijoo, tomou a palabra neste acto conmemorativo para recordarmos “Que Galicia constrúese con dialogo, porque a pluma e mais as palabras, son mais fortes cas pelexas...”. Ten razón... en teoría...
Magoa que non sexa o Presidente galego mais coherente e menos provocador cas súas propias verbas no hemiciclo; mais comprensivo cas críticas xustas ou non que recibe, porque a altura política dun dirixente mídese tamén polo trato xeneroso e tolerante que ofrece ás minorías, e, por asumir que certos excesos parlamentarios teñen a súa orixe, na impotencia política da oposición fronte o sufrimento das vítimas das crises, e as veces tamén, nunha sectaria xestión da maioría absoluta.