As reflexións políticas de Serafín

Meu amigo Serafín sostén que el nunca elixe - de poder evitalo - aquelas opcións que poden prexudicalo a el, ou a súa familia.

Por Luis Toxo | Compostela | 25/04/2013

Comparte esta noticia
Inclúe nesta selección, desde os intereses bancarios,os amigos, a elección de médico, os clientes no seu traballo, etc, que procura sexan sempre os mellores e mais fiables.
 
Recorre para obter as mellores condicións económicas varias oficinas bancarias, e  finalmente acorda as operacións ca entidade que lle ofrece  as mellores opcións; pregunta a  coñecidos e profesionais cal é o mellor especialista para calquera doenza; descobre algúns amigos “novos”, (os vellos son intocables), ós que previamente somete a pequenas probas de xenerosidade e bonhomía con éxito e, logo failles  pequenos favores, “prevendo que algún día mos fagan a min un pouco mais grandes”; elixe só clientes dos que coñece  súa solvencia,  e así, me conta, en moitas  outras actividades...
 
―Non sempre acerto de cheo, pero case... case.... 
 
A única excepción ou torpeza  que ten cometido con demasiada frecuencia  - segundo  comenta -  é, na elección dos seus representantes políticos.
 
― Non dou unha no cravo. Cando creo que van cumprir co programa político que mais me convén, non o executan.  O reviran de pes a cabeza!.  Como acaba de facer o PP.
 
―Se non cumpren co contrato escrito, viñan sendo coma se un cliente  fora  malo, o medico perigoso, o banco estafador, e, o amigo, un cínico aproveitado e  mentireiro. E iso e así,  salvo que favorezan os meus intereses; porque para min, para  os empresarios e a maioría da xente o digan ou non, os intereses individuais están por riba dos colectivos.
 
― Nunca me preocupou que lle botaran as culpas da súa política ós que lle precederon, sempre que servira para seguir favorecendo meus negocios, nos que nunca roubei a ninguén, pero  nos que está permitido legalmente, enganar un pouco...
 
E logo Serafín, lle comento entre risas, que tes decidido facer no futuro para  non equivocarte neste asunto.
 
―Non existe case ninguén que vote sen seleccionar, pero si existen moitos imbéciles coma min, que seleccionan sen intelixencia nestas cousas tan delicadas...
 
Como cales ?,lle pregunto con certo intres
 
― Pois coma aqueles que cren que os conservadores defenden e dánlle prioridade os mais necesitados, os parados, os empregados, ou que son quen de xestionar mellor os servizos privatizándoos... Non é así, os conservadores teñen a obriga de defender os poderosos, os que gozan de privilexios, de poder, de recursos económicos, ás grandes empresas, os bancos e os financeiros... 
 
Pero logo, se sabes isto, porque  os votaches ? 
 
― Porque crin que tendo un taller pequeno, dous pisos, un coche, tres empregados, un fillo na universidade, e catro amigos importantes, eu era un deses tamén carallo...!.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Luis Toxo Ramallo Luis Toxo foi ex concelleiro en Compostela e ex parlamentario galego polo PSdeG. "Amigos. Ninguén máis. O resto é selva", di lembrando a Jorge Guillén. O seu blog é http://luistoxo.blogspot.com.es/