Un asasino invisible

Os profesores da USC Barros, Ruano, Montes e Pombar; xunto co pioneiro profesor Quindós da Universidade de Cantabria, levan décadas tentando romper o silencio e a inacción das autoridades sanitarias sobre un inimigo invisible chamado gas radon, que produce e contribúe a producir cancro, e, levan advertíndonos moito tempo como evitar ese risco de xeito sinxelo e, moi económico.

Por Luis Toxo | Compostela | 23/06/2013

Comparte esta noticia
Este asasino invisible, incoloro, e inodoro, actúa potenciando a enfermidade especialmente nos fumadores ou ex-fumadores.
 
Xa se coñece que  un 4.5% do total dos cancros de pulmón en Galicia atribuíse exclusivamente ó  gas radon.
 
Se ademais da exposición ó radon, o paciente é fumador, ou ex-fumador, - principal causa deste cancro - este gas actúa elevando o risco de padecer esta enfermidade de xeito moi  alarmante.
 
Mais de 3000 propietarios de vivendas en Galicia, nas que foi medida a concentración deste gas, permitiron por en evidencia que un 18% dos fogares da nosa Terra superan o límites aceptados como inofensivos polos organismos internacionais. E mais, varias comarcas da nosa Terra teñen  altas e perigosas concentracións de radon que afectan directamente un 30% das vivendas.
 
As medicións xa efectuadas, permitiron tamén elaborar un completo “Mapa do Radon de Galicia”,que axuda a  identificación de zonas concretas do territorio con valores elevados  deste gas.
 
Abondaría en Galicia medir o radon nas vivendas destas zonas con alto risco,  certos centros de traballo  e nos colexios, e adoptar, se e o caso, medidas elementais , para evitar moitas destas mortes.
 
O lamentable desinterese deste asunto polo  Goberno Galego, pola maioría dos concellos e  polos sindicatos, pon en evidencia a indiferenza pola preservación da saúde dos cidadáns, e, manifestan un serio deixamento dos responsables políticos e sindicais polos resultados das investigacións.
 
O poder político está neste asunto, coma en outros mais, a  producir dano evitable  con un mínimo de prevención e custo.
 
Xa non poden invocar descoñecemento do problema despois  de tantos anos de investigación, informes, entrevistas, e mais  evidencias científicas o respecto, tanto propias coma  internacionais.
 
Xa non poden alegar que as solucións a aplicar son difíciles e custosas para a redución deste risco, por non ser certo na inmensa maioría dos casos.
 
Tal e coma afirman os investigadores citados :
 
“ Sen transferencia a sociedade, dos nosos resultados científicos, coma produtos de valor engadido que melloren a saúde da nosa cidadanía, noso traballo carece, en boa medida, de sentido.
Este é un bo exemplo dun circuíto que comeza a pecharse, no que a investigación e innovación se alían coa imprescindible visión empresarial para crear o circulo virtuoso  que nos facilite sustentar o sistema”.
 
Moito me temo que seguiremos escoitando de xeito  moi simplificado parvadas como as que sosteñen que :
 
 “ Morreu fulano de cancro de pulmón, e mais non fumaba”!.
 
Dicía Sócrates que :“ si alguén busca saúde pregúntalle antes si  está disposto  a evitar as causas da enfermidade”.
 
O malo é, que a  intelixencia humana ten mecanismos que actúan en contra do seu propio interese...

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA