Trasladada ao hospital unha persoa tras un accidente ocorrido na A-52 á altura de Toén

Os feitos tiveron lugar sobre as 9 da mañá deste mércores.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2020 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

Unha persoa foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) tras un accidente de tráfico ocorrido na A-52 á altura de Toén (Ourense).

O 112 Galicia detallou que os feitos tiveron lugar este mércores sobre as 9,10 horas, cando recibiu varios avisos dun accidente de tráfico que tivera lugar na A-52 ao seu paso pola parroquia de San Martiño de Alongos de Toén.

Así, informouse do ocorrido aos bombeiros do Carballiño, a Garda Civil de Tráfico, o equipo de Protección Civil da localidade e o servizo de mantemento de estradas.

Fontes do 061 explicaron a Europa Press que unha ambulancia de soporte vital básico do 061 desprazouse ao lugar para prestar asistencia a unha persoa que se atopaba aparvada debido ao suceso. Posteriormente, esta foi trasladada ao centro hospitalario de referencia.

Imaxe de arquivo dun accidente. CEDIDA (HELICO SANTIAGO)
Imaxe de arquivo dun accidente. CEDIDA (HELICO SANTIAGO)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta