Morre tras saltarlle á cabeza unha peza de ferro mentres rozaba

O accidente tive lugar en Padrenda.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 24/10/2020 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

Un home perdeu a vida na mañá deste sábado en Padrenda tras cravarse na cabeza unha peza de ferro que saíu disparada da máquina coa que rozaba unha zona de monte.

Segundo informa o 112 Galicia, a máquina enganchouse e un fragmento desprendido causoulle unha ferida mortal. Foi un compañeiro do falecido quen deu a voz de alarma á central de emerxencias pasados uns minutos das 10,10 horas.

Seguidamente, o 112 solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias-061, que mobilizou ata o lugar dos feitos, na zona de Lavandeira, un helicóptero medicalizado. Con todo, a pesar dos esforzos dos servizos médicos, non puideron facer nada por salvarlle a vida.

Para prestar apoio ao equipo sanitario desprazado na aeronave, os xestores de emerxencias tamén puxeron a situación en coñecemento do GES de Ribadavia e dos axentes da Garda Civil.

Un home rozando cunha desbrozadora
Un home rozando cunha desbrozadora | Fonte: cortadorasdecesped.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta