Feijóo pide agora que o reparto de fondos europeos teña en conta a demografía e non só a "concorrencia competitiva"

Fai uns días só pedía que o reparto fora por "concorrencia competitiva" dos proxectos presentados.

Por Europa Press / Redacción | | 26/10/2020 | Actualizada ás 12:28

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reclamou este luns, durante a XXIII Conferencia de Presidentes, que a repartición dos fondos europeos de reconstrución sexa "sen arbitrariedade" e teña en conta aspectos como a demografía e a dispersión da poboación. Unha posición diferente a de hai uns días, nas que só pedía que a repartición fora por "concorrencia competititiva" en función dos proxectos presentados.

Así o manifestou durante a reunión telemática dos líderes autonómicos co xefe do Executivo central, Pedro Sánchez, na que tamén participa a presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, e o presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero. Este encontro prodúcese 24 horas despois de que o Consello de Ministros decretase un novo estado de alarma para todo o territorio español.

Neste contexto, segundo informan fontes de Presidencia da Xunta, Feijóo centrou a súa intervención en pedir "criterios transparentes e obxectivos" para a distribución dos fondos comunitarios, cun sistema que "combine" varios aspectos. O primeiro deles, que sexa "sen arbitrariedade" e en concorrencia competitiva entre os proxectos que deseña cada administración.

Ademais, que sexan iniciativas "viables e de futuro", que se garanta "unha recuperación simétrica" das diferentes rexións europeas e que teña en conta cuestións "como a demografía, a renda per capita ou a dispersión da poboación".

De acordo coas mesmas fontes, Feijóo explicou ante Von der Leyen o traballo realizado ata agora por Galicia, cunha lista "de máis de 100 proxectos" que a Xunta xa enviou ao Goberno estatal e que suporán unha mobilización "de máis de 9.400 millóns de euros".

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante a XXIII Conferencia de Presidentes, na que participan o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e a presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen.. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante a XXIII Conferencia de Presidentes, na que participan o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e a presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta