Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2020 | Actualizada ás 19:11
A vendima de 2020 pechouse coa recollida de algo máis de 60,4 millóns de quilos de uva recollidos polo cinco denominacións de orixe (DO) galegas.
Por denominación, a de maior produción foi Rías Baixas --34,4 millóns--, cun aumento do 6,4%. Seguiulle Ribeiro --9,4 millóns--, que baixa. Despois está Monterrei --máis de 5,7 millóns--, con marca histórica en cantidade.
En cambio, tanto Valdeorras --5,5 millóns-- como Ribeira Sacra --5,2 millóns-- rebaixaron os seus rexistros respecto da vendima de 2019.
O Consello da Xunta avaliou este xoves un informe da Consellería de Medio Rural que apunta a unha calidade "moi boa" na colleita deste ano.
Uns 51 millóns correspóndense con variedades brancas e os 9,3 millóns restantes son de tintas. Albariña, Godello, Treixadura e Mencía foron as máis abundantes.
De tal forma, o Goberno galego valora os bos resultados desta vendima, pois, a pesar da incerteza polo covid, realizouse con seguridade grazas ás medidas adoptadas nas máis de 400 adegas.
A Xunta remarca que puxeron en marcha este ano diferentes iniciativas para paliar as dificultades deste sector e o agroalimentario ante a emerxencia sanitaria.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.