Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/11/2020 | Actualizada ás 17:03
O novo libro do escritor galego Manuel Rivas, 'Zona a defender', chega este xoves --5 de novembro-- ás librarías editado por Xerais. A expresión 'zona a defender' popularizouse coa loita ecolóxica en Francia. Así, Rivas fai unha chamada de alerta a través do seu libro para que o planeta enteiro sexa unha zona a defender. Para iso, recorre a unha escritura poética, o pensamento crítico e o humor.
Tras a denuncia que supuxo 'Contra todo isto', Rivas escribe agora sobre o que denomina a era Mayday, de perigo "grave e inminente", para explorar aquilo que defende: unha internacional de conciencias, unha república de iguais, un novo contrato coa natureza, unha austeridade fértil cunha nova abundancia creativa.
O libro tamén se centra na importancia dun femininismo que "emancipe a mulleres e homes", á vez que avoga por "descolonizar a imaxinación e sabotear con ironía todo dogmatismo".
De tal forma, o libro trata de "pensar o impensable", así como de "prohibir toda posesión de armas, cunha excepción: a risa", explica a editorial Xerais sobre a obra do autor.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.