A Xunta promociona un exclusivo paquete de "turismo de golf" en tempos de pandemia

O proxecto 'GaliciaGolfSaúde' busca crear unha rede hispano-portuguesa de oferta especializada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2020 | Actualizada ás 19:58

Comparte esta noticia

A Xunta promociona un turismo selectivo a través do golf en tempos de pandemia. Así, a través do proxecto 'GaliciaGolfSaúde' ofrece unha selección de campos de golf, aloxamentos e unha oferta termal e gastronómica orientada ao mercado luso e busca crear e consolidar unha rede hispano-portuguesa especializada.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou este martes na presentación telemática do proxecto, da man da Asociación Galicia Destino Golf, Viaxes Abramar e Oca Hotels a través do concurso de ideas promovido polo Clúster Turismo de Galicia.

A iniciativa está orientada cara ao nicho dos xogadores de golf, un colectivo de alto valor engadido polo gasto medio e a procura de destinos de calidade. Así, o obxectivo é impulsar unha ferramenta para facilitar contactos e crear unha rede de colaboración entre a oferta especializada en golf e en saúde en Galicia e os prescriptores lusos.

Segundo destacou Nava Castro, esta ferramenta é "froito da especialización e da diversificación" cara á que avanza a oferta turística galega e permite situar á comunidade nunha "mellor situación de competitividade".

A proposta está articulada nun primeiro bloque con seis campos de golf seleccionados, outra oferta agrupada de balneario hotel e campo, outro con propeutas de aloxamento en hoteis ou turismo e outro con axencias especializadas neste colectivo turístico.

Golfista nun campo de golf
Golfista nun campo de golf

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Pitito

Coñó!! Como Trump