Sete sindicatos reclaman a dimisión de todo o equipo directivo da área Sanitaria Pontevedra-O Salnés

Consideran que a xestión actual non está a ser a máis adecuada e citaron como mostra a falta de protocolos adaptados a servizos e centros de saúde.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2020 | Actualizada ás 16:49

Comparte esta noticia

Os sindicatos da Xunta de Persoal do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CIG, UGT, OMEGA, CSIF, CC OO, TSP e SATSE) concentráronse este xoves fronte á entrada principal do Hospital Provincial co fin de volver pedir a  dimisión do equipo directivo da área sanitaria de Pontevedra - O Salnés. Así, reclamana a saída da Xerencia, a Dirección Asistencial, de Recursos Humanos, de Enfermaría e de Xestión.

Os sindicatos convocantes xustificaron esta nova mobilización na "falta de información e o rumbo informativo" por parte da Xerencia, ademais de reclamar máis medidas de protección fronte á pandemia e máis recursos humanos de todas as categorías profesionais.

Ademais, consideran que a xestión actual non está a ser a máis adecuada e citaron como mostra a falta de protocolos adaptados a servizos e centros de saúde.

A concentración estivo protagonizada exclusivamente polos representantes dos traballadores, un delegado por cada sindicato, xa que "por prudencia e responsabilidade", non fixeron chamamentos á participación do resto de persoal sanitario "co fin de minimizar os riscos que implica esta pandemia".

Tamén incidiron en que lles gustou "contar coa presenza cohesionada de todos os representantes sindicais do complexo", pero tras "múltiples intentos de negociación" para chegar a puntos comúns "chegou o momento de asumir, tras a continua ruptura dos acordos verbais por parte de Prosagap, Co.Bas e CESM, que dous non poden cando uno non quere".

Os sindicatos convocantes da protesta deste xoves --CIG, UGT, OMEGA, CSIF, CCOO, TSP e SATSE-- expresaron a súa vontade de continuar coas súas protestas para reclamar a dimisión do actual equipo directivo.

Hospital de Montecelo, en Pontevedra
Hospital de Montecelo, en Pontevedra | Fonte: aldhos.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta