Xa se coñecen o mellor tinto e o mellor branco de Valdeorras

'O Luar do Sil' e 'Alán de Val Mencía' recibiron o Acio de Ouro Branco e o Acio de Ouro Tinto respectivamente na Cata dos Viños de Galicia 2020 que organiza a Xunta.

Por X.M. Fernández | Vilamartín de Valdeorras | 15/11/2020 | Actualizada ás 12:37

Comparte esta noticia

A sede do Consello Regulador acolleu esta mañá o acto de entrega dos Premios da Cata dos Viños de Galicia 2020 correspodentes ao territorio amparado valdeorrés. Deste xeito, o Premio ao Mellor Branco (Acio de Ouro Branco) foi para O Luar do Sil de Pago de los Capellanes S.A. Xunto a isto, o Premio ao Mellor Tinto (Acio de Ouro Tinto) recaeu en Alán de Val Mencía da Adega Alán de Val S.A.T.

Entrega o 'Acio de Ouro Tinto'. Foto: Prensa D.O. Valdeorras
Entrega o 'Acio de Ouro Tinto'. Foto: Prensa D.O. Valdeorras

O presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, quixo agradecer a “perfecta organización do acto” que tivo en conta “todas as esixencias sanitarias necesarias na actualidade por mor da pandemia”. García Pando sinalou que non foi un ano doado para viticultores e adegueiros, ao igual que para representantes doutros moitos sectores, e por iso “estes premios teñen nesta ocasión un valor moi especial, posto que poñen en valor o meritorio esforzo que se ten realizado para sacar adiante a colleita”.

O xoves 19 de novembro desvelarase na Cidade da Cultura de Santiago a identidade do mellor viño branco e do mellor viño tinto da nosa comunidade neste ano 2020, ao tempo que se entregarán os Potes desta edición ás mellores augardentes e licores tradicionais de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta