Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2020 | Actualizada ás 22:20
O mundo festexa este luns o Día Universal do Orgullo Rural, que celebra o seu segundo aniversario co gallo de xerar o caldo de cultivo necesario para poder reconstruír o mundo rural que a sociedade precisa: "vivo, diverso e coidado". Este movemento naceu en Teruel da man da plataforma Rural Mineras e pouco a pouco vaise estendendo por máis pobos do Estado.
Nesta ocasión, a plataforma Greenpeace impulsa un encontro dixital baixo o lema "#hablaRural: Cosechando Orgullo" a través das súas redes sociais para dar voz á diversidade de habitantes dos territorios rurais. Concretamente, a liña galega desta plataforma a prol do medio ambiente tamén quixo lembrar na súa páxina de Facebook "a conexión entre naturaleza e dinámicas sociais" que é especialmente sensible no rural.
Por iso mesmo, lanza unha campaña para intentar contribuir a que a sociedade asuma que só apoiando o rural, se poderá mitigar a emerxencia climática, a perda de biodiversidade e o despoboamento rural. "Dende Greenpeace Galicia hoxe falamos rural", din con orgullo.
🙆♀️No #DiaUniversalOrgulloRural queremos lembrar que a conexión entre naturaleza e dinámicas sociais é especialmente...
Posted by Greenpeace Galicia on Luns, 16 de novembro de 2020
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.