Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/11/2020 | Actualizada ás 10:31
Os colectivos integrados en ContraMINAcción, Rede contra a minaria destrutiva, celebraron o cese do xa ex-director xeral de enerxía e minas, Ángel Bernardo Tahoces, considerando que a súa situación "se tornara hai tempo insostíbel polas imputacións e escándalos que rodean a súa xestión de proxectos mineiros e eólicos".
No entanto, as imputacións e actuacións presuntamente ilegais non se restrinxiron nos últimos anos ao director xeral, senón que se extenderon por todo o departamento, levando a que actualmente estean sendo investigados enxeñeiros actuarios, xefes de servizos e cargos intermedios por actuacións que, para ContraMINAcción, ilustran unha “cultura da corrupción” no sector mineiro e chega a postos da Admistración.
Por ese motivo, os distintos colectivos solicitarán en breve reunirse coa nova Directora Xeral e anuncian que porán enriba da mesa de Paula Uría, evidencias desa corrupción xeneralizada, Agardando que se aproveite a mudanza na Dirección do Departamento como unha oportunidade de mudar de rumo. Nun acomunicado advirten que continuarán examinando a súa actividade “con lupa” e avisan de se emprenderán novas accións legais contra o Departamento en caso de que se observe que se manteñen as conductas ilícitas dos pasados anos.
Como exemplos ilustrativos, lembrna o escándalo das presas de residuos mineiros de San Finx (Lousame), que este mesmo ano o departamento que até agora dirixía Bernanrdo Tahoces tentou facer pasar por infraestrutura dun muíño para o millo. Tamén critican a falta de control e sancións ante a continuidade da contaminación por metais pesados e ausencia de restauración en Touro, Varilongo ou Monte Neme; e as omisións dos trámites de avaliación de impacto ambiental en Alberta (Beariz), Santa Comba ou San Finx, entre outras.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.