Galicia reduciu en 2018 un 1,7% as emisións de CO2

Foron en total 29,81 millóns de toneladas, procedentes principalmente das industrias relacionadas co sector enerxético, segundo a Xunta.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 06/12/2020 | Actualizada ás 12:53

Comparte esta noticia

Galicia reduciu no ano 2018 un 1,7% o total de emisións de CO2 hastas os 29,81 millóns de toneladas, procedentes principalmente das industrias relacionadas co sector enerxético. Diso informou a Consellería de Medio Ambiente, ue repasa un informe relacionado coa Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050, que fixa como obxectivo avanzar cara á "neutralidade climática".

Camións bloquenado o acceso á central térmica de Endesa nas Pontes
Camións bloquenado o acceso á central térmica de Endesa nas Pontes | Fonte: Cedida.

Así as cousas, en 2018 as emisións foron de 29,81 millóns de toneladas de CO2, un 1,7% menos que no ano anterior. A maioría delas procederon das indudstrias asociadas ao sector enerxético, que emitiron case do 40% do total.

Tamén destacan as procedentes dos sectores do transporte e da industria non enerxética --suma das emisións derivadas da combustión e dos procesos industriais--, que representan un 19,5% e un 15,1% das emisións totais, respectivamente.

A Xunta destaca o "balance positivo" das emisións e enlaza isto co crecemento do Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia nun 2,8% en 2018 para setenciar que Galicia avanza cara a "a descarbonización" da súa economía.

As emisións de gases de efecto invernadoiro en Galicia son monitoradas por dúas fontes principais de datos: por unha banda, as emisións GEI totais de Galicia --dispoñibles dous anos despois de que se produzan-- e, por outra, as emisións do sector directas.

Estas proceden daquelas entidades que participan no comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro, dos que se dispoñen dos datos no ano seguinte a que se produzan.

Sobre isto último, na actualidade hai en Galicia un total de 47 instalacións que participan no sistema europeo de comercio de dereitos de emisión (EU ETS).

As súas emisións representaron, polo momento, "aproximadamente a metade das emisións de gases de efecto invernadoiro" do total de Galicia, segundo sinala a Administración autonómica.

Deste xeito, ao longo do ano 2019 as emisións por parte destas entidades diminuíron un 46,5% respecto de 2018 ao pasar de 15,5 millóns de toneladas emitidas a 8,3.

Así as cousas, as 47 instalacións industriais galegas que parcitipan nese comercio europeo emitiron 7,2 millóns de toneladas de CO2 menos que no ano anterior.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta