Por E.P. | A CORUÑA | 11/12/2020 | Actualizada ás 17:52
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, criticou que os Orzamentos Xerais do Estado (PGE) para 2021 non inclúan "demandas históricas" da Coruña, nunha rolda de prensa, xunto ao concelleiro herculino, Francisco Jorquera, na que avanzou novas iniciativas para a "materialización" destas peticións.
Do PGE, dixo que "o seu debate deixa nun mal lugar aos deputados e deputadas galegos do PSOE e Unidas Podemos que non tiveron a decencia de defender esas reivindicacións no Congreso e que tampouco foron capaces de dar o seu voto ás nosas emendas", lamentou.
Por outra banda, dixo que agora a súa intención é continuar traballando "en positivo" para a presentación de iniciativas que permitan materializar estas demandas. E é que Néstor Rego incidiu en que os orzamentos do Estado "discriminan Galicia en xeral e A Coruña, a cidade e a comarca, en particular".
"Xa non é só que se destinen 400 millóns para a condonación da débeda do porto de Valencia e cero euros para a do porto da Coruña, é que, alén diso, consígnanse 1.500 millóns para a modernización dos servizos ferroviarios de proximidade no conxunto do Estado e desa cantidade virán cero euros para A Coruña e cero para Galicia", citou, entre outros exemplos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.