Coñecía a realización da tese e dalgunhas das pescudas que esta estradense levaba a cabo para facer un traballo tan importante. Pois neste eido das seis cordas é o primeiro estudo coñecido nesta terra e, seguro que aportará datos e autores que lle darán un xiro ó repertorio deste instrumento tan universal.
Nas conversas que tiven coa autora, viñéronme á memoria os tempos nos que estudaba guitarra no conservatorio e as programacións que alí se impartían. Programacións que, en case todos os instrumentos, cecais por non ter material ou outras razóns que descoñezo, baseábase exclusivamente en estudar pezas de compositores de todo o mundo, coa excepción de incorporar alomenos algún da nosa terra.
Xa no eido da guitarra só se estudaban pezas de compositores clásicos, ainda que moitas destas obras eran transcripcións ou adaptacións, pois naceran para outros instumentos alleos ás seis cordas. Non había ningunha referencia á música que para calquer isntrumento nacera ou tivera un enraizamento coa nosa cultura. Isto que pode parecer unha cousa pouco importante ten o seu aquel. Pois se en todos os países europeos a música tradicional sempre foi a base da música culta e das grandes obras que a partires dela naceron, neste noso ise principio non rixe nunha pequena parte.
Desta maneira coñéciamos o xenio de Bach, a traverso das súas adaptacións e transcripcións ben para clave ou laude, as obras de Fernado Sor, Heitor Villalobos e compositores españois que escribiran para piano e tamén foron transcritos e edaptados pra Guitarra. Mais descoñeciamos as pezas de J. Parga Bahamonde, músico do Ferrol, ou as composicións do arquivo de Marcial Valladares, etc. Da música galega soamente coñecíamos a Suite compostelana do catalán Federico Mompou e algunha peza máis todas para os cursos finais da graduación. Como desto xa hai uns cantos anos, descoñezo se agora nos cursos iniciais, alomenos se ensinan pezas que amosan a música galega que arrinca da tradicional. Sei dalgúns casos pero creo que son aínda moi illados. Mais creo que todo sigue igual, ainda que hai obras que se editaron que son moi interesantes.
Por iso entendo da importancia deste traballo que abarca un estudo riguroso dende o século XII co coñecemento dos cordófonos ate o seculo XIX. Estudo que saca á luz moitas composicións e autores, algún de Ourense e que marcará un antes e un despois na música e abrirá un novo camiño nas escolas e concervatorios do pais. En fin, noraboa para a autora por esta aportación importante que lle dá á musica nacida en Galicia un pulo tan necesario para o seu futuro.