Por E.P. | Teo | 14/12/2020 | Actualizada ás 11:29
O Xulgado de Instrución número un de Santiago acaba de admitir a trámite unha querela contra o alcalde de Teo, Rafael Sisto, de Anova; a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus, e o arquitecto municipal, Ignacio Soto, polos presuntos delitos de coaccións, prevaricación, malversación de fondos públicos e falsidade documental en relación coa súa actuación fronte á canteira de Casalonga propiedade de Toysal.
Na querela, a empresa defende que no seu "lexítimo obxectivo" de reactivar a explotación mineira atopouse unha oposición total e frontal por parte do concello e os agora querelados, que “non dubidaron en absoluto en utilizar todos os medios, legais e ilegais, para impedilo”. Toysal denuncia que entre "as actuacións ilícitas" atribuíronse a propiedade dun camiño privado sen título algún e "colocación arbitraria, sen fundamento nin expediente administrativo", de sinais de tráfico nunha finca particular para impedir o paso de maquinaria pesada.
Ademais, a empresa tamén denuncia que o concello investiu fondos públicos nesa parcela privada "sabendo que non era unha vía municipal, para facilitar así o transito dos opositores á canteira" e ordenou á Policía Local que multe, "fóra das súas competencias e ámbito territorial, a calquera vehículo da explotación". Finalmente, o escrito recolle que "impediu pola forza a Toysal a colocación dunha barreira na súa propiedade".
O CONCELLO "MANDA AOS AXENTES A MULTAR"
No relatorio de feitos sinálase que cada vez que un vehículo accede á explotación, membros da plataforma veciñal avisan ao alcalde e á concelleira, que mandan inmediatamente axentes municipais a multar ou a impedir fisicamente o movemento de maquinaria baixo ameaza
de inmobilización ou precinto.
A empresa insiste en que a Policía Local "só ten competencias para actuar no solo urbano", lonxe da zona onde se atopa a canteira, “co que resulta especialmente grave a orde, pois para lograr un fins políticos estase abocando aos axentes a cometer delitos de prevaricación”. Por iso, tamén a súa querela fai unha sucinta exposición da historia da canteira e da súa vía de acceso, e inclúe distinta documentación sobre a titularidade privada desta finca, incluso un apunte de hai algúns anos, de 2009, no que o propio xefe da Policía Local de Teo negábase a realizar roldas de vixilancia por esta pista por tratarse dun espazo particular.
Ademais, denuncia que “aínda sabendo os querelados que se trataba dunha estrada que non era municipal”, o concello destinou cuantiosos fondos públicos ao seu arranxo para que puideran "pasar con comodidade os coches dos integrantes da plataforma veciñal creada para frear os proxectos de Toysal".
A mineira tamén utiliza para as súas fundamentacións un escrito da Xunta de Galicia --que non se opón a actividade da mineira-- para contrarrestar o informe do arquitecto municipal contrario as actividaes de Toysa. "Sobre a escusa fabricada polo arquitecto municipal de que o camiño pasou a titularidade do Concello no proceso de concentración parcelaria desta zona, Toysal menciona a aclaración solicitada ao respecto á Consellería de Medio Rural hai proximadamente un ano que di que os camiños e estradas existentes antes do proceso de concentración seguen sendo dos antigos propietarios”, recolle o escrito.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.