Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/12/2020 | Actualizada ás 13:59
Galicia mantén este xoves a súa tendencia á baixa no número de usuarios de residencias de maiores afectados pola covid-19 tras reducirse o global en 23 respecto ao día anterior ata situarse en 176. Segundo figura no balance diario das autoridades sanitarias, nas últimas horas producíronse 23 altas de residentes por só dous positivos, rexistrados nos centros Santa Tecla da Guarda e DomusVi Vigo.
En canto aos negativos, destacan as 12 altas entre residentes do Asilo de Vilalba que, despois de ser durante varias xornadas o centro máis afectado pola pandemia con máis dun centenar de casos, conta agora con tres usuarios contaxiados. Tamén se rexistraron altas de usuarios por negativizar na proba PCR na Vivenda Comunitaria de Castrelo de Miño (5), DomusVi Vigo (4), DomusVi Ribadumia (1) e Cesantes-Redondela (1).
A estes casos que saen do cómputo global hai que incorporar as dúas persoas falecidas nas últimas horas e que estaban vinculadas con residencias: un home de 80 anos na de Vila do Conde de Gondomar e unha muller de 88 anos na de San Salvador de Guntín.
Deste xeito, a residencia Vila do Conde de Gondomar continúa este mércores como o centro con maior número de casos activos de coronavirus, cun total de 52 infectados entre os seus usuarios. En segundo lugar atópase a Soremay de Pontevedra, con 34; en terceiro, agora está a residencia Pontevedra de Vilaboa, con 20. Tamén contan con grupos de maiores con covid-19 a Residencia Cesantes de Redondela (13), a San José de Narón (12), o CRAPD Vigo II (11), a San Antonio de Beariz (8) e a DomusVi de Vigo (7).
Así mesmo, hai catro anciáns con en Nosa Señora das Virtudes de Pontedeume, tres en Asilo de Vilalba e tamén na Vivenda Comunitaria de Castrelo de Miño; dous na Residencia Monte Tecla da Guarda e un, respectivamente, na Servisenior de Brión, na San Cibrao de Cervo, e no CRAPD Vigo I.
TRABALLADORES DE RESIDENCIAS
Con respecto aos traballadores de centros xeriátricos, o cómputo global mantense nos 152 que había o mércores debido a que só se rexistraron dous positivo (en Monte da Tecla da Guarda e na DomusVi de Vigo) compensados por dúas altas (DomusVi Ribadumia e Cesantes-Redondela).
Así, o Asilo Vilalba continúa este mércores como o centro co persoal máis afectado cun total de 27 positivos. Séguenlle a residencia Soremay de Pontevedra con 15 e a DoralResidencias con 13. Outros 10 traballadores teñen a covid na residencia Pontevedra de Vilaboa, mentres que o resto de centros que figuran no parte de Política Social mantéñense por baixo da decena.
CENTROS DE DISCAPACIDADE
Pola súa banda, os centros de atención á discapacidade (CAPD) de Galicia non rexistraron variacións por segund día consecutivo e este xoves manteñen como activos os casos do CAPD de Sarria, onde o pasado fin de semana foi detectado un brote cun total de seis infectados.
En canto aos persoais destas instalacións, seguen con coronavirus un total de sete traballadores: un no propio centro de Sarria e o resto están a Chapela de Redondela, DoralResidencia de Mos, dúas en Fogar San Rafael de vigo, un en Souto de Leixa e outro en San Vicente de Paúl de Lugo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.