Feijóo evita negar que incumprira o protocolo do Sergas trala súa polémica foto sen máscara

O Presidente reaccionou en sede parlamentaria enumerando os incumprimentos de Sánchez e Iglesias, pero non negou ter quebrantado as normas para contactos estreitos de positivos.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2020 | Actualizada ás 14:51

Comparte esta noticia

A polémica da foto de Feijóo con Pablo Casado sen máscara no Monte de San Pedro da Coruña chegou na mañá deste mércores ao pleno do Parlamento Galego. O voceiro do PSdG, Gonzalo Caballero, inquiriu ao Presidente da Xunta sobre a instantánea, tomada ás portas dun acto tralo cal todos os seus asistentes tiveron que ser sometidos a probas PCR. O Presidente da Xunta deu negativo, ante o cal decidiu non facer corentena, como manda o protocolo para contactos estreitos de positivos. 

Núñez Feijóo e Pablo Casado camiñando sen máscara no Monte de San Pedro, camiño dun acto do PP
Núñez Feijóo e Pablo Casado camiñando sen máscara no Monte de San Pedro, camiño dun acto do PP | Fonte: Nós Diario

Ante estas acusacións, Núñez Feijóo decidiu botar para adiante e, sen negar un incumprimento do protocolo, recriminou a Caballero a actuación dos membros do Goberno de coalición. "Vostede quere que me cuarentene. Que ocorre, que non quere que veña respostar ao parlamento?" comezou, para logo engadir “para cuarentenar o que fixeron os membros do goberno”, en relación a Sánchez, que “con PCR positiva, familiar, non se cuarentenou”. De forma paralela, aludiu á polémica presenza de Iglesias nun consello de ministros pouco despois do positivo de Irene Montero. 

O Presidente criticou entón que Caballero lle quixera “dar leccións sobre como cumprir estritamente o protocolo do Servizo Galego de Saúde”. “É algo sorprende, señor Caballero”, engadiu a continuación entre uns aplausos que proviñan só da súa bancada. Feijóo pechou así a a súa intervención, tal e como foi recollida nun vídeo polo portal de noticias da CRTVG, sen negar un incumprimento do protocolo do Sergas para contactos estreitos de positivos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 galegoexiliado

Lo siento mucho. mequivocao. no volverá ocurrir. Comprendan, yo solo quería contagiar a Casado pa quitar competencia en Madrí. Yo por el bien de Ejpaña hago lo que sea, incluido incumplir mis propias normas. Sean felices, disfruten la navidad y los recortes en sanidad.