Sergas reprograma para o mércores a vacinación en toda Galicia tras o atraso da segunda remesa de Pfizer

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2020 | Actualizada ás 10:40

Comparte esta noticia

O atraso na chegada da segunda remesa de vacinas Pfizer-BioNTech a España, con 18.000 unidades para Galicia, provocou que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) reprogramase para o mércores a continuación da súa campaña de vacinación en residencias de maiores das sete áreas sanitarias.

Deste xeito, a Xunta recibirá a segunda entrega este martes e non este luns, tal e como estaba previsto, polo que a vacinación comezará finalmente o mércores unha vez as doses pasasen polo proceso de desconxelación.

Tras a "incidencia loxística" ocorrida en Bélxica que alegou Pfizer e que afecta a oito estados da Unión Europea, o ministro de Sanidade, Salvador Illa, xa asegurou este luns, nunha entrevista á Cadena Ser, que o problema xa está "resolto".

Galicia, como en España e na gran maioría de países comunitarios, inoculou as primeiras vacinas este domingo na residencia Porta do Camiño de Santiago. Nieves Cabo, unha compostelá de 82 anos usuaria deste centro sociosanitario, foi a primeira en recibila.

Neves Cabo Vidal, primeira galega en recibir a vacina en Galicia. DAVID CABEZÓN / XUNTA DE GALICIA / Europa Press
Neves Cabo Vidal, primeira galega en recibir a vacina en Galicia. DAVID CABEZÓN / XUNTA DE GALICIA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta