Rescatado un surfista que foi arrastrado polo mar en Marín

O home foi rescatado con síntomas de hipotermia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/01/2021 | Actualizada ás 20:19

Comparte esta noticia

Un home foi rescatado este mércores con síntomas de hipotermia tras ser arrastrado pola corrente cando practicaba paddle surf nunha praia de Marín.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, foi a persoa que o acompañaba desde terra quen alertou sobre as 17,30 horas aos servizos de emerxencias ao ver que o deportista estaba en apertos e empezaba a ter frío.

Tras recibir a chamada, o 112 informou a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia, que enviou á zona a embarcación Irmáns García Nodal para efectuar o rescate.

Mentres, no Porto de Aguete esperaba unha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para atender ao deportista, que presentaba síntomas de hipotermia.

Onda de máis de 15 metros, perfectas para os surfeiros
Onda de máis de 15 metros, perfectas para os surfeiros | Fonte: todosurf.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta