Ambientalistas critican que Gamesa e Iberdrola teñan parques eólicos parados nun momento de aumento do prezo da luz

Denuncian que os eólicos do Couto de San Sebastián e os do monte Carrio están sen funcionar desde hai días.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/01/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A Asociación ambiental Petón do Lobo e a Asociación galega Cova Crea queren saber os motivos polos que os parques eólicos do Couto de San Sebastián, entre Silleda e A Estrada, están parados e con todas os máquieólicos do monte Carrio, arredor de 30 máquinas, entre Vila de Cruces e Lalín, sen funcionar, a pesar da especial aptitude eólica destas áreas

Parque eólico en Lugo
Parque eólico en Lugo | Fonte: EP

“Chama a atención que nunha semana con prezos da luz á alza, os parques eólicos do monte Carrio, alomenos das compañías Gamesa e Ibedrola, leven sen funcionar varios días desta semana. O mesmo ocurre cos eólicos do monte do Couto de San Sebastián, entre Silleda e A Estrada”, indican nun comunicado.

Por iso, dirixiron unha pregunta á Consellería de Industria para coñecer se se trata dunha parada programada das compañías e cales son os motivos polos que se realiza. Ademais piden que se informe se hai convenio ou concerto entre as empresas mercantís dos parques afectados para que isto ocurra.

“Puidera darse o caso de que instalacións renovables con recurso dispoñible, gratuíto e non contaminante como é o vento, non estén funcionando e isto xere un incremento do prezo da electricidade ás familias galegas, o que demostraría  unha vez máis que o negocio enerxético está por diante da sustentabilidade e que as empresas enerxéticas carecen da responsabilidade social corporativa da que fixeron tanta publicidade durante a campaña de Nadal”, engaden.

Neste sentido, denuncian que as paradas programadas dos parques eólicos con fins lucrativos, deberan sancionarse duramente. Finalmente, piden á Xunta de Galicia a retirada da calificación de utilidade pública daqueles parques eólicos que non cumpran coas regras da libre competencia e programan paradas eólicas que alteren a alza os prezos da luz para as familias galegas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 José

Ao parecer tamén teñen parados parques eólicos outras empresas, como Acciona, Enel, Norvento... Igual se debe a que estes últimos dias despois das nevaradas, en horario diurno, que é cando saen os ecoloxistas, apenas houbo vento. Pero das eléctricas un pode esperar calquera cousa.