Poderase rematar coa caza algún día en Galicia?

Iso é o que piden organizacións ecoloxistas que acusan á Xunta de manter esta práctica sen dispor dos estudos científicos adecuados.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/01/2021 | Actualizada ás 22:20

Comparte esta noticia

Ecoloxistas en Acción e Petón do Lobo piden o fin da caza e alertan que a Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia non acredita a existencia de informes actuáis e obxectivos que avalen as especies que poden ser cazadas. Por iso, cren que mentras non existan argumentos científicos que corroboren o estado das poboacións de animais en Galicia "non se debe volver a cargar unha escopeta contra os animais".

Un cazador
Un cazador | Fonte: EP

Nun comunicado, estas entidades denuncian que a Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia carece dos estudos científicos que avalen o exercicio da actividade cinexética como tal. "Ademais de non existir censos actuais das especies cinexéticas non se realizan os estudos de impacto ambiental que require a actual lexislación ambiental para os Plans de ordenación cinexética dos Tecor e dos Plans anuais de aproveitamento cinexético", apuntan.

Por outra banda, din que tampouco se avalían as repercusións da actividade cinexética na área de influencia e na entorna da Rede Natura 2000, tal e como prescribe a normativa ambiental europea. "O mesmo ocorre coas competicións da Federación galega de caza, que se realizan sen control ambiental algún por parte da Dirección Xeral de Patrimonio Natural", afirman.

Para os ecoloxistas, a caza actual contribúe á perda de biodiversidade de especies a un ritmo moi importante que "fai dano á saude do propio ser humano". Neste sentido, denuncian que os xabarís están a ser vítimas, ao abrigo nos últimos anos, dunha "campaña criminalizadora que os culpa de todos os males habidos e por haber" e critican que non existe un método de control efectivo das poboacións de porco bravo".

De feito, van máis alá e apuntan que os estudos evidencian que os xabarís desempeñan unha importante labor nos ecosistemas. "Os ungulados silvestres teñen unha boa capacidade escavadora, removen e osixenan a terra.... e desempeñan unha importante labor carroñeira", conclúen.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 anonimo

A caza é un residuo do paleolítico. E pensar que os cazadores son coma " xardineiros" é vivir mentalmente na edade media. Seica alguén non leeu nada da extinción das especies, do cambio climático e do Antropoceno. A natureza xa está mais que " controlada" e amenazada.Non vivimos no paleloítico, ainda que a mentalidade dalgúns sexa do pleistoceno,

3 nostrus

La Naturaleza en su máxima expresión y sin ningun tipo de control es de extrema derecha. Por eso la extrema derecha es la ley de la selva y parece que los simpatizantes de que la Naturaleza campe a sus anchas sin ningún tipo de control humano, deben ser de extrema derecha. Un cazador hace la misma funcion con la fauna que un jardinero con la flora, ¿vamos prohibir tambien la jardineria?.

2 Testeiro

Boa capacidade excavadora si, sobre todo nas leiras de millo!! E que nos temos que extinguir e ó carallo!!

1 BNJP

Había que substituir a caza polo tiro ó prato, inda creaban postos de traballo.