A quen corresponda

Pasadas as datas de Nadal e xa metidos na costa de xaneiro, atrévome a lanzarlle unha misiva a quen lle corresponda cunha serie de asuntos que veñen de lonxe e que precisan unha solución.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 25/01/2021

Comparte esta noticia
En primeiro termo é necesario frear  a extensión da pandemia. E se pode ser  que desapareza das nosas vidas. Precisamos que a normalidade volva axiña. Urxe  respirar sen ter que levar a faciana cuberta. Desexamos bicarnos e saudarnos sen dubidar a quen lle damos  o saúdo e moitas cousas máis que conforman a nosa vida cotián. As relacións humanas sempre foron a base da nosa sociedade, e hoxe  por mor do Covid 19 están moi limitadas.
 
Como segundo desexo,  precisamos que a política, que dunha maneira ou outra nos afecta,  chegue a puntos de consenso nos grandes temas; pois mellor nos iría como Estado e tamén a nivel galego si se buscaran puntos de encontro e, nos asuntos de longo percorrido, houbera acordos concretos. 
 
A terceira petición lévame a plantexar que é preciso que a normalidade volva ó noso concello.  Que esta Auria deixe de  ser o faime rir  de toda Galicia. E tamén  que, o Sr. Alcalde, lembre o que dicía e prometía cando estaba na oposición. E é preciso que pra eso  faga memoria e, se quere pasar á historia desta cidade como unha persoa normal, deixe de ser un alcalde tarabelo, (enténdase por tarabelo á persoa que non  é sería;  que non cambia de criterio a cada momento; que goberna a base de anuncios sen contido e que actúa sen ser  consciente de que na alcaldía estase pra servir ós cidadáns e non pra manterse no poder a calquer prezo).  Por iso,  é preciso e urxente que lembre  cando pedía  a dimisión ó anterior alcalde;   que se acorde de cando   menosprezaba  ós concelleiros  que lle levaban a contraría; que montaba espectáculos  pintorescos nos plenos; que prometía o ouro e o mouro dicindo  que arranxaría os problemas da cidade nun abrir e pechar de ollos.  Ou  que  faría todo o posibel pra que o Sr. Baltar, ó que desprezaba con moita  insistencia, deixara a presidencia da  Deputación se del dependía. 
 
Hai uns días dixo publicamente: “... con lo que cuesta llegar a la alcaldía...” Esta frase denota que, o seu obxectivo e a do resto do triunvirato,  o que lles importa é manterse na alcaldía e os problemas dos cidadáns que os parta un raio. 
 
Por iso  pídolle a quen corresponda, se no quere ser cómplice deste disparate que amola a todos os ourensás, que faga unha reflexión seria  e dea un paso pra poñer  por diante dos interese partidarios os interese xerais da cidadanía.  Sei que non é moito pedir, pois Ourense cidade non pode seguir soportando a vergoña de ser a urbe galega sumida nun desleixo e desgoberno total.
 
Ah, fáltame plantexar,  por se  alguén da un paso pra  liberarnos de vivir na prehistoria dixital. Porque en Seixalbo Sr, alcalde  e demais corporativos, por mor dunha licencia que aprobou o concello; licencia leonina que soamente pon trabas e máis trabas á empresa instaladora, estamos sen unha conexión a rede digna dos tempos nos que vivimos. Polo tanto, que alguén medie pra que se instale dunha vez por todas  a fibra óptica no casco afectado polo PERI. Pois a día de hoxe nin chegamos a  unha mega pra conectarnos á rede. E hai xente á que lle esixen tele traballar, cuestión que  resulta unha misión imposibel. 
En fin,  espero que comenzando polos responsabeis a nivel de estado e galego e seguindo polo  Sr, Alcalde alguén teña un chisco de cordura e arranxe todo o antes sinalado.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. OURENSE - Arquivo
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. OURENSE - Arquivo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com