O Chuac, ao límite pola Covid: "Hai intervencións que están agardando no seu domicilio"

O xefe do Servizo de Uroloxía do do Hospital da Coruña pide "responsabilidade" á cidadanía para frear a terceira onda de coronavirus.

Por E.P. | A CORUÑA | 28/01/2021 | Actualizada ás 11:31

Comparte esta noticia

O xefe do Servizo de Urología do Chuac, Venancio Chantada, pediu "responsabilidade" á cidadanía para reducir os casos por Covid-19 e alertou que a incidencia actual está a ter repercusión nas intervencións.

Un traballador sanitario totalmente protexido pecha a porta dunha ambulancia tras recoller a un ancián da residencia de anciáns
Un traballador sanitario totalmente protexido pecha a porta dunha ambulancia tras recoller a un ancián da residencia de anciáns | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Nun primeiro audio remitido aos medios de comunicación e en referencia á incidencia da Covid para pedir "responsabilidade", este especialista expuxo a súa preocupación pola situación dos "pacientes pendentes de intervencións oncolóxicas graves que neste momento teñen que esperar no seu domicilio á espera de que podamos dispor de recursos, de medios, de camas", engade.

Con esta afirmación, manifestou a Europa Press que non está aludindo aos "pacientes oncolóxicos con patoloxías vitais". Delas, dixo que se están "priorizando". "Os oncolóxicos están a tratarse como sempre, priorizando e que non pase máis tempo do imprescindible", insistiu. "Ningún paciente oncolóxico está a deixarse de tratar", engadiu despois en referencia ao contido das súas primeiras declaracións. Pola contra, dixo que "o que se está atrasando son pacientes con patoloxías benignas que poden esperar", expuxo para precisar o contido das súas declaracións.

O doutor Chantada incide tamén na situación "crítica" da área sanitaria da Coruña. "É o momento de demostrar a nosa solidariedade, é un tema de prioridade de saúde e de salvar vidas", apostila nunhas declaracións nas que pide evitar "contaxios innecesarios" e propiciar o confinamento. "Porque cada paciente que ingresa no hospital con patoloxía Covid ocupa evidentemente recursos, medios materiais e humanos que non se poden ocupar con pacientes pendentes dun tratamento específico ou unha cirurxía determinada".

Nestes momentos, na área sanitaria da Coruña e Cee hai 389 pacientes ingresados, dos que 52 están na UCI do Chuac e 281 en planta. No Quirón hai tres en UCI e catro en planta; no Modelo: catro en UCI e en 1 en planta e en Cee, 11 en planta. Pacientes en domicilio son 5.486.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta